Nestes últimos días son 10 os polos de Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro (
Charadrius alexandrinus), que andan polas praias da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.
|
Adulto con polo crecido. O Grove. 11/07/2020. G. Ferreiro. |
Os 3 últimos poliños naceron entre o día 8 e 10 deste mes, ademais hai 4 voantons que xa voan a praias preto da que naceron.
|
Poliño xoven. 11/07/20202. O Grove. G. Ferreiro. |
Tamén quedan 2 femias incubando nos seus niños, pero unha delas xa leva un mes e medio polo que creemos que esa niñada está perdida.
|
Polo de varias semanas. O Grove, 11/07/2020. G. Ferreiro. |
Polo de agora foron 95 os donos de cans informados de que estes animais domésticos nas praias poden ser depredadores de poliños e provocar abandono de niños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario