viernes, 25 de septiembre de 2020

DÍA DAS AVES 2020



A fin de semana do 3 e 4 de outubro SEO/BirdLife celebra o Día das Aves en moitos lugares de toda España e con centos de actividades de “paxareo”: rutas guiadas, obradoiros infantís, conferencias, contacontos, puntos de observación de aves…

As aves son os mellores indicadores do estado de saúde da nosa contorna, son símbolo de vida, de calidade de vida. Durante a celebración do Día das Aves alzamos a voz para garantir que os seus cantos se sigan escoitando ben forte co lema “As aves, indicadores de calidade de vida”.

En Galicia SEO/BirdLife celebraremos o Día das Aves o domingo 4 de outubro na Reserva Ornitolóxica do Grove, cunha ruta guiada na que poderemos observar as aves que agora ocupan este espazo protexido, xa sexan aves acuáticas, mariñas ou diferentes paxariños da contorna.

Anímate e participa!!

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un  correo a seo-pontevedra@seo.org

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar na excursión de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do xoves 1 de outubro.

A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie  ameazada polo que necesita medidas de conservación.

 O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

 Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.

 Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario