lunes, 21 de septiembre de 2020

Actividade de Voluntariado: Proxecto LIBERA coa Deputación de Pontevedra

 

LIBERA, unidas e unidos contra a basuraleza

O proxecto LIBERA nace como unha iniciativa de SEO/ BirdLife, a organización ambiental decana en España, en alianza con  Ecoembes, organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases no noso país. Estas únense para loitar contra a  basuraleza a través do coñecemento, a prevención e a participación. Desde a súa posta en marcha fai tres anos LIBERA mobilizou a máis de 60.000 persoas e colaborou con máis de 860 organizacións e colectivos, converténdose nun proxecto pioneiro que busca sensibilizar a todos os públicos. Como buque insignia creou "1  m2 pola natureza", para mobilizar a todas as heroínas e heroes de LIBERA.

Neste senso a Deputación de Pontevedra ben de programar dúas actividades en praias da nosa provincia e que estarán guiadas por persoal especializado de SEO Pontevedra.

A primeira será na praia de Area da Cruz, O Grove o próximo 26/09/20 e a segunda na praia de Nerga, Cangas o 03/10/20

Se queres participar ou ter mais información segue este enlace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario