Macho adulto. G. Ferreiro |
Esta tempada está
sendo bantante complicada para a reprodución dá Píllara das dunas ou
Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus), na Reserva
Ornitolóxica de SEO/ BirdLife do
Grove.
Polo de agora
foron bastantes os niños que atopamos
na praia. Alguns
desapareceron por causa dos temporais
de primavera e outros foron depredados ou abandoados. Tamén alguns ovos non chegaron a eclosionar e varios
polos morreron por causa do frío e dá
chuvia deste verán tan atípico.
E. González. |
Pero ainda quedan 2 niños onde os adultos están incubando e temos 4 poliños no areal, destos, 2 xa fan voos curtos.
Tamén dicir que
ainda que xa hai menos
cans na praia, algún
sempre se cola, a pesar dá vixiancia de persoal de medio ambiente, dá policía local e do SEPRONA. De momento levamos 113 donos de mascotas informados.
IMPACTO DOS RESIDUOS MARIÑOS NAS PÍLLARAS
Hoxe nunha das inspeccións rutinarias, atopamos que un dos poliños do último niño eclosionado tiña unha maraña de sedal moi fino liado nas patas. Esto impedialle moverse con normalidade e condenaríao a unha morte segura
Deixamos un vídeo
ilustrativo do impacto negativo que causan os residuos contaminantes dos océanos e que chegan as nosas praias con Píllaras das dunas.
Por sorte conseguimos capturar o polo e liberalo a tempo do sedal, o cal marchou correndo coa súa familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario