Hoxe a celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 que realizamos na praia da Reserva Ornitolóxica de SEO/Birdlife do Grove, para dar a coñecer e concienciar sobre a ameazada Píllara das duna (Charadrius alexandrinus), foi todo un éxito.
Os participantes a este evento ademáis de falarlle da importancia desta figura de protección de espacios naturais, poideron ver as parcelas de exclusión das píllaras, diferenciar entre machos e femias e disfrutar de poliños con 21 días e polos de 4 días.
Poidemos ver un macho de píllara facendo un cunco na area e unha parella copulando.
Tamén dende a praia observamos largarteiro, bubela, cirrio pálido, lavandeira amarela, gaivota escura laverca, mazarico chiador, etc.
Macho con poliño de 4 días. Vídeo de Carlos López.
No hay comentarios:
Publicar un comentario