lunes, 16 de mayo de 2022

XORNADA SOBRE A PILLARA DAS DUNAS NO DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000


O próximo 21 de maio celebraremos o Día Europeo da Rede Natura 2000.  

Trátase dunha edición especial porque se conmemora o 30 ANIVERSARIO da creación da REDE NATURA 2000, o principal instrumento de conservación de máis de 27.000 espazos europeos de alto valor ecolóxico, que nos permiten conectar coa natureza. 

O sábado 21 ao longo da mañan, faremos unha actividade de concienciación sobre a Píllara das dunas nunha praia da Reserva Ornitoloxica de SEO/BirdLife do Grove donde se reproduce esta especie, espazo Rede Natura 2000.

Se queres máis información sobre a xornada só tes que enviarnos un correo.

 

As prazas son limitadas e irán por orde de inscrición.

Para poder participar  é imprescindible inscribirse antes do venres 20 as duas da tarde.


No hay comentarios:

Publicar un comentario