lunes, 3 de octubre de 2022

NO DÍA DAS AVES

 

Onte domingo Día das Aves, cun clima moi agradable, a todos os participantes deste día tan especial que se celebra en todo o mundo, tentamos darlle  a coñecer a avifauna da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, para incentivar o amor e o respecto pola natureza en xeral e polos animais en particular.

Percorremos diferentes espazos naturais de alto valor ecolóxico, como campos, lagoas costeiras, enseadas, esteiros..., onde puidemos identificar 74 especies de aves.

De todas estas especies destacamos 3 flamengos rosas inmaturos, aves de aspecto  "exótico" e propias da España meridional, pero que polo seu carácter parcialmente migratorio e dispersivo poden chegar a Galicia como divagantes moi raros. Así a última vez que houbo un flamengo rosa na Reserva foi no ano 2015/2016.

                                                                 Carlos López.

Tamén poidemos observar voando en grupo12 ibis mouros  (ou moritos), mais outros 2 alimentándose no intermareal.

                                                                  Carlos López.

Esta é a lista de aves das que todos gozamos:

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario