miércoles, 5 de abril de 2023

SI VAS A PRAIA NON LEVES CANS E COIDADO COA TOALLA

Macho de Píllara das dunas. Reserva Ornitolóxica do Grove. 02/04/2023. G. Ferreiro. 

Nestas vacacions de Semana Santa compartirás  o areal de algunhas praias da Reserva Ornitolóxica do Grove coa pequena Píllara das dunas, onde se afana en facer os seus niños.

Ollo onde pos a toalla, porque os ovos son da cor da área e pasan desapercibidos.

E todo porque estes  días foron localizados os dous primeiros niños de Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro na reserva.

Os niños que están instalados no borde dunar foron protexidos cun valado perimetral e gaiola.

Ademáis destes niños, outras parellas móvense polas praias na procura dun lugar axeitado onde aniñar.

As píllaras das dunas son aves protexidas e corren perigo de desaparecer de Galicia. Para que esto non suceda só necesitan tranquilidade e praias onde non se cribe a area, é dicir, praias naturais e sas, como as praias da reserva.

Pero o máis importante para a sua supervivencia é que no haxa CANS nos areais, xa que son un factor de perturbación biolóxico moi grande, pois causan moito estrés nos adultos, o que poden provocar abandono de postas e depredación de poliños, unha vez nacidos.

NON LEVES CANS A PRAIA!!!

Reserva Ornitolóxica do Grove. 02/04/2023. G. Ferreiro. 

Aquí tedes un exemplo de xente que non respecta a ley, nin tampouco ao resto dos animais que loitan pola súa supervivencia nunhas costas cada vez mais alteradas e humanizadas.

6 comentarios:

  1. Boas! Moi bo post pero cun erro na última frase: onde di "Por favor, NON LEVES CANS A PRAIA! " debe dicir: "A LEI PROHÍBE OS CANS NA PRAIA". É un tema legal, xa consolidado e de obrigado cumprimento. Nada de "por favor". Unha aperta! Damián

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bem apontado, Damiám. De todas formas é unha guerra perdida. Non existe unha soa asociación conservacionista galega que se atreva a recordar públicamente a normativa vigente porque, umha de dúas:
      - Ou sabem que é impopular e nom querem perder pessoas filiadas à sua associaçom.
      - Ou directamente som mascotistas contrários á lei de tenência de mascotas, como pasa com certos persoeiros bem conhecidos no nosso "mundillo"..
      Alguns importantes líderes históricos do consrvacionismo galego nem a conhecem. Ou fam que nom a conhecem. Con declaraçons absolutamente lamentábeis nos méios de comunicaçom nas que obviam a legalidade e mantenhem essa postura "buenista" de pedir por favor algo que é obrigatório por lei. Temos o inimigo na casa, bemquerido Damiám. Nom che caiba dúvida.

      Eliminar
    2. Pois non sei qué decirche respecto doutras organizacións, dende logo no noso caso sí que nos deixamos a pel con este tema. Non tes mais que revisar outras noticias deste blogue ou mesmo a nota de prensa do Faro de onte: https://www.farodevigo.es/arousa/2023/04/09/chorlitejo-vuelve-criar-o-grove-85728025.html
      Apertas

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar