sábado, 27 de mayo de 2023

PÍLLARA DAS DUNAS

 Macho e femia de Píllara das dunas. G. Ferreiro.

Só informar que ante onte e hoxe apareceron  dous  novos niños de Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro, nunha das praias da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Un niño que estaba moi escondido baixo un tronco tiña 3 ovos, o outro 2.

Xa foron protexidos con gaiola e con parcela de exclusión.

No que vai de tempada foron 8 os niños atopados, ainda que só 5 seguen activos.

Montando a parcela. 27/05/2023. J. Gómez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario