martes, 6 de junio de 2023

EXCURSIÓN PARA COÑECER UN AVE AMEAZADA

 

E. González.

O domingo 4 de xuño, SEO-Pontevedra, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o seu programa de saídas ornitolóxicas "Voando sobre as Rías Baixas", realizamos unha excursión ás praias da Reserva Ornitolóxica SEO/BirdLife do Grove, onde aniña a Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro, gran valor destes areais por ser unha ave ameazada e vulnerable e por ser un dos últimos reductos desta especie na provincia.

Despois de explicarlles aos participantes as características da especie, alimentación, hábitat, distribución, etc. achegámonos a unha distancia prudencial con prismáticos e telescopios para observar as aves adultas, os poliños e os seus niños.

Poideron ver as medidas de protección adoptadas para protexer os niños e tamén foron sensibilizados e concienciados nas ameazas que sofren na súa reprodución, como os cans nas praias, gran problema que va en aumento.

Os participantes quedaron encantados coa tenrura que reflicten as píllaras e impresionados coa súa vulnerabilidade.

Cada vez son máis as persoas que coñecen as píllaras e cal é o seu gran problema de supervivencia. Queda moito por facer pero non perdemos a esperanza, sobre todo cando o ser humano reacciona tan positivamente ante unha Píllara das dunas.

G. Ferreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario