Parella de píllaras. G.Ferreiro |
Entre a semana pasada e esta semana descubrimos os dous primeiros niños de Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) desta tempada.
Estos niños apareceron en duas praias da reserva ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, e tiñan varios ovos.
Pronto foron balizados con parcela de exclusión e gaiola protectora.
A Píllara das dunas é unha especie protexida que está en perigo de desaparecer de Galicia por eso pedimos a todas as persoas: NON LEVES CANS AS PRAIAS ONDE ESTÁN PROHIBIDOS, xa que os cans son un dos factores mais importantes do declive desta especie dos nosos areais.
Por elo hai habilitadas duas praias caninas no Grove: praia do Espiño e praia do Portiño, en San Vicente do Grove, preto do porto deportivo de Pedras Negras.
Tamén puidemos apreciar que toda a liña de marea da praia da Lanzada, estaba chea de infinidade de pequenos anacos de plásticos, incluídos pellets. Estos temporais están a devolvernos unha parte do lixo que vertemos aos océanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario