![]() |
| E. González. |
Este sábado dende SEO-Pontevedra fixemos unha actividade de voluntariado coa ONG Cruz Roja na Praia
de Area da Cruz, ubicada na Reserva Ornitolóxica do Grove e areal onde
nifica a Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), que como sabedes é un ave protexida pola súa
vulnerabilidade.
A actividade consistiu na posta a punto do areal para a nova tempada de píllaras, cunha limpeza de
residuos da area e principalmente coa extracción de prantas exóticas invasoras
da duna como Carpobrotus edulis ou Arctotheca calendula.
| G. Ferreiro. |
A implicación dunhas 50 persoas voluntarias asi como o seu entusiamo pola actividade foi moi satisfactoria ata o punto de que se retiraron 2.500 kilos de prantas exóticas invasoras.
Grazas a todos os voluntarios de Cruz Roja por adicar o seu tempo libre a conservar a natureza!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario