O domingo a saída de SEO-Pontevedra pola Limia (OU), foi estupenda, pois disfrutamos de tempo soleado, temperaturas agradabes e unha participación de 14 afecionados as aves.
Percorremos varios habitats de esta comarca e disfrutamos dunha diversidade de flora, paisaxística, e faunística (Lepidurus apus, Pipistrelus pipistrelus, Mustela nivalis, Alytes obstretricans), sobre todo aviar.
| Sapiño comadrón. (Alytes obstetricans). G Ferreiro. |
Observamos 85 especies de aves entre as que destacaron: garza pequena, garza de noite, garzota grande, cerceta albela, lagarteiro cincento, pernalonga, avefría, combatente, bilurico alinegro, bilurico escuro ou peto formigueiro .
Esta é a lista de aves:
Esta é a lista de aves:
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Spatula querquedula | Cerceta albela | Cerceta carretona |
| Spatula clypeata | Cullerete | Pato cuchara |
| Mareca strepera | Pato frisado | Anade friso |
| Anas platyrhynchos | Lavanco | Ánade azulón |
| Anas acuta | Pato rabilongo | Anade rabudo |
| Anas crecca | Cerceta | Cerceta común |
| Tachybaptus ruficollis | Mergullón pequeño | Zampullín común |
| Podiceps cristatus | Mergullón cristado | Somormujo lavanco |
| Ciconia ciconia | Cegoña branca | Cigüeña blanca |
| Isobrychus minutos | Garza pequena | Avetorillo común |
| Nycticorax nucticorax | Garza de noite | Martinete común |
| Ardea cinerea | Garza real | Garza real |
| Egretta alba | Garzota grande | Garceta grande |
| Egretta garzetta | Garzota | Garceta común |
| Phalacrocorax carbo | Corvo mariño grande | Cormorán grande |
| Elanus caeruleus | Lagarteiro cincento | Elanio azul |
| Milvus migrans | Millafre negro | Milano negro |
| Buteo buteo | Miñato | Busardo ratonero |
| Gallinula chloropus | Galiñola común | Gallineta común |
| Fulica atra | Galiñola negra | Focha común |
| Himantopus himantopus | Pernalonga | Cigüeñuela común |
| Vanellus vanellus | Avefría | Avefría europea |
| Philomachus pugnax | Combatente | Combatiente |
| Gallinago gallinago | Becacina | Agachadiza común |
| Actitis hypoleucos | Bilurico das rochas | Andarríos chico |
| Tringa ochlorus | Bilurico alinegro | Andarríos grande |
| Tringa totanus | Bilurico común | Archibebe común |
| Tringa eruthopus | Bilurico escuro | Archibebe oscuro |
| Chroicocephalus ridibundus | Gaivota chorona | Gaviota reidora |
| Columba livia/domestica | Pombo das rochas | Paloma bravía |
| Columba palumbus | Pombo ferreño | Paloma zurita |
| Columba palumbus | Pombo torcaz | Paloma torcaz |
| Streptopelia decaocto | Rula turca | Tórtola turca |
| Cuculus canorus | Cuco | Cuco común |
| Alcedo atthis | Picapeixe | Martín pescador |
| Upupa epops | Bubela | Abubilla común |
| Jynx torquilla | Peto formigueiro | Torcecuello euroasiático |
| Dendrocopos major | Peto real | Pico picapinos |
| Picus sharpei | Peto verde | Pito real ibérico |
| Falco tinnunculus | Lagarteiro común | Cernícalo vulgar |
| Pica pica | Pega | Urraca común |
| Corvus monedula | Gralla pequena | Grajilla occidental |
| Corvus corone | Corvo pequeno | Corneja negra |
| Periparus ater | Ferreiriño negro | Carbonero garrapinos |
| Lophophanes cristatus | Ferreiriño cristado | Herrerillo capuchino |
| Cyanistes caeruleus | Ferreiriño azul | Herrerillo común |
| Parus major | Ferreiro real | Carbonero común |
| Alauda arvensis | Laverca | Alondra común |
| Riparia riparia | Andoriña das barreiras | Avión zapador |
| Hirundo rustica | Andoriña común | Golondrina común |
| Ptyonoprogne rupestris | Andoriña dos penedos | Avión roquero |
| Delichon urbicum | Andoriña do cu branco | Avión común occidental |
| Cettia cetti | Rousinol bravo | Cetia ruiseñor |
| Aegithalos caudatus | Ferreiriño rabilongo | Mito común |
| Phylloscopus trochilus | Picafollas musical | Mosquitero musical |
| Phylloscopus collybita | Picafollas europeo | Mosquitero común |
| Phylloscopus ibericus | Picafollas ibérico | Mosquitero ibérico |
| Acrocephalus arundinaceus | Folosa grande | Carricero tordal |
| Hippolais polyglotta | Folosa amarela | Zarcero políglota |
| Cisticola juncidis | Carriza dos xuncos | Cistícola buitrón |
| Sylvia atricapilla | Papuxa das amoras | Curruca capirotada |
| Sylvia undata | Papuxa do mato | Curruca rabilarga |
| Regulus ignicapilla | Estreliña riscada | Reyezuelo listado |
| Troglodytes troglodytes | Carriza común | Chochín paleártico |
| Certhia brachydactyla | Gabeador común | Agateador europeo |
| Sturnus unicolor | Estorniño negro | Estornino negro |
| Turdus merula | Merlo común | Mirlo común |
| Turdus philomelos | Tordo común | Zorzal común |
| Erithacus rubecula | Paporrubio | Petirrojo europeo |
| Phoenicurus ochruros | Rabirrubio | Colirrojo tizón |
| Saxicola rubicola | Chasco | Tarabilla europea |
| Passer domesticus | Pardal | Gorrión común |
| Passer montanus | Pardal montés | Gorrión molinero |
| Prunella modularis | Azulenta | Acentor común |
| Motacilla flava | Lavandeira amarela | Lavandera boyera |
| Motacilla alba | Lavandeira branca | Lavandera blanca |
| Anthus trivialis | Pica das árbores | Bisbita arbóreo |
| Fringilla coelebs | Pimpín común | Pinzón común |
| Pyrrhula pyrrhula | Cardeal | Camachuelo común |
| Chloris chloris | Verderolo | Verderón común |
| Linaria cannabina | Liñaceiro | Pardillo común |
| Carduelis carduelis | Xílgaro | Jilguero europeo |
| Serinus serinus | Xirín | Serín verdecillo |
| Emberiza calandra | Trigueirón | Escribano triguero |
| Emberiza cirlus | Escribenta común | Escribano soteño |

No hay comentarios:
Publicar un comentario