jueves, 28 de noviembre de 2019

A AVE DO ANO NO BARBANZA

Durante este outono membros do noso grupo local percorremos unha gran parte dos colexios de primaria da comarca do Barbanza para levarlle aos mais pequenos un agasallo: a Píllara das dunas.


Foron 492 alumnos e 37 profesores dos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son e Noia, a quenes dímoslle a coñecer esta limícola, falámoslle da importancia da sua protección, dos problemas cos que se enfrenta e como eles coas suas pequenas pero importantes accións, poden colaborar na conservación de esta especie tan emblemática das suas praias.


Tamén onte no Auditorio do museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, impartimos unha charla, neste caso para adultos, para mostrar os resultados do proxecto e as medidas de conservación que este ano SEO-Pontevedra levamos a cabo coas píllaras das dunas do Barbanza.




Tanto nenos como profesores e público en xeral, mostraron moito interés polo coñecemento desta  ave protexida, polo  que todos foron obsequiados con posters, trípticos e marcapáxinas ilustrados coa Ave do Ano 2019.



Todas estas actividades englóbanse no "Proxecto de Conservación da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) na península do Barbanza. A Coruña", no que colabora a Deputación da Couña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario