lunes, 29 de junio de 2020

PÍLLARA DAS DUNAS. RESUMO SEMANAL

Pouco hai que dicir esta semana da poboación reproductora de Píllara das dunas (Charadriusu alexandrinus), da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.


Polos voantons. O Grove. 29/06/2020. G. Ferreiro.

Seguen vivos 7 poliños de diferentes idades e dos distintos  niños  que hay nas praias. 4 deles xa voan polo que é unha boa nova.  E continúan  chocando os adultos dos 3 niños que faltan por eclosionar.

Os 4 voluntarios de SEO-Pontevedra esta semana informamos a 15 donos de cans,  que ainda que xa estamos no verán seguen levándoos as praias.

O Grove. 23/03/2020. S. González.







Hoxe ademáis avisouse a Garda Civil para que multase a un reincidente de todolos anos. 

O Grove. 29/06/2020. G. Ferreiro.

1 comentario: