O
Día das Aves é un evento anual e especial debido á motivación de quen participa
e porque o que nos une é o amor e o respecto polas aves, que nos axudan a
recuperar a nosa conexión perdida coa natureza.
Nesta nova edición, celebrada en toda España
os días 4 e 5 de outubro, queremos aproveitar esta oportunidade para concienciar
sobre a ameaza que supón o cambio climático, que afecta ao 66 % das especies
ameazadas, segundo a última actualización do "Libro Vermello de
España". Tamén é un problema importante para todas as especies de alta
montaña, como o Gabeador vermello,
a nosa Ave do Ano 2025.
Animámosvos
unha vez máis a saír ao campo para gozar das aves e a que o voso amor e paixón
por elas transformese en información valiosa para a súa conservación.
Xuntos
podemos aumentar o noso coñecemento da nosa avifauna, así que non dubidedes e
únete a nós na ciencia cidadá.
O noso grupo local SEO-Pontevedra celebrará o Día das Aves o domingo 5 de outubro cunha visita guiada por ornitólogos pola maior Reserva Ornitolóxica de España, a única de Galicia e a primeira en incluír un ambiente mariño: a Reserva Ornitolóxica de SEO/BidLife de O Grove (dentro do Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada. Punta Carreirón e lagoa da Bodeira).
Este evento gratuíto e aberto ten como
obxectivo poñer en valor a gran riqueza desta zona e concienciar sobre a
conservación das aves e da natureza.
Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.
As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.
Para poder participar nas excursions de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario