![]() |
| E. González. |
Este sábado desde SEO-Pontevedra fixemos
nunha actividade de voluntariado co a ONG Cruz Roja Pontevedra na Praia
de Area da Cruz, ubicada na Reserva Ornitolóxica do Grove e areal onde
nifica a Píllara das duna (Charadrius alexandrinus), que como sabedes é un ave protexida pola sua
vulnerabilidade.
A actividade consistiu na posta a punto do areal para a nova tempada de píllaras, cunha limpeza de
residuos da area e principalmente coa extracción de prantas exóticas invasoras
da duna como Carpobrotus edulis ou Arctotheca
qalendula.
| G. Ferreiro. |
A impricación dunhas 50 persoas voluntarias asi como o seu entusiamo pola actividade foi moi satisfactoria ata o punto de que se retiraron 2.500 kilos de exóticas invasoras.
Grazas a todos os voluntarios de Cruz Roja por adicar o seu tempo libre a conservar a natureza!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario