O domingo celebramos o Día das Aves na Reserva Ornitolóxica do Grove, a única reserva ornitolóxica de Galicia, situada no Complexo Intermareal Umia-O Grove.
E. González.
|
Comezamos a actividade que contou cunha gran participación, visitando a Telleira (Vilalonga, Sanxenxo), antiga fábrica de tellas rehabilitada moi fermosa como Centro de Interpretación da comarca.
A continuación, percorremos os diferentes ambientes da zona: lagoas, intermareal, campos e áreas arboradas porque ofrecen refuxio e alimento a distintas especies, o que os converte en lugares privilexiados para a observación de aves.
Ao longo do percorrido descubrimos a súa diversidade e aprendemos a identificar algunhas das especies que o habitan. As persoas participantes gozaron da experiencia e sorprendéronse ao comprobar canta vida pode concentrarse nesta contorna.
En total, conseguimos identificar 60 especies de aves, unha mostra máis do extraordinario valor natural da Reserva Ornitolóxica e da necesidade de seguir protexéndoa.
Algunas de las especies identificadas:
Cullereiro común (254), Flamengo rosado (17), Lampareiro eurasiático, Píldora cincenta, Pilro común, Fuselo de rabo negro, Fuselo de rabo pinto, Mazarico real, Mazarico chiador, Bilurico patirrubio, Bilurico pativerde, Bilurico das rochas, Virapedras, Corvo mariño grande, Garza real, Garza branca pequena, Garza boieira occidental, Ibis mouro, Cullerete boreal, Asubión común, Lavanco real, Cerceta común, Pato cincento, Pato rabilongo, Parrulo rubio, galiñola de auga, galo de auga, Mergullete común, Gaivota de cabeza negra, Gaivota escura, Gaivotón atlántico, Picapeixe común, Lavandeira real, Tartaraña das xunqueiras, …
No hay comentarios:
Publicar un comentario