Que ves na foto?. G. Ferreiro. |
- Na praia hai unha familia de
píllara con 3 pollos, dos que se encarga a femia e que xa realizan
pequenos voos, polo que se dan por salvados.
- Unha segunda familia vixiada
polos dous proxenitores, da que só miramos 1 poliño e que tamén
realiza voos cortos.
- Un terceiro grupo familiar o
forman 3 poliños de 20 días dos que se
encarga o macho.
- Unha familia a cargo
do pai, con 2 pequenas píllaras, pois naceron fai 8 días.
- E un novo niño descubierto o día 2 e que polo de agora ten 2 ovos.
De momento son 5 familias con 9
poliños de píllara das dunas ou chorlitejo patinegro na praia da Reserva
Ornitolóxica do Grove.
É un gran éxito. É a Ave do Ano 2019.
Resaltar que xa casi non se ven
cans na praia.
Xenial!!! Parabéns polo traballo feito. E ogallá que voen todos os poliños.
ResponderEliminarApertas,
Damián