|
Foto: Gustavo Ferreiro. |
Onte domingo celebramos a primeira "Xornada de Sensibilización e Divulgación", na praia do Grove onde temos poliños de píllara dás dunas (Chorlitejo patinegro).
Despois de montar os telescopios e dirixilos ás familias de píllaras que están na praia, os usuarios desta foron convidados polos voluntarios de SEO-Pontevedra a descubrir os pitos que se mimetizaban coa area.
Durante tres horas, moita xente pasou polos telescopios e quedaron encantadas de descubrir algo inesperado: os pitiños e os seu pais vixiantes.
|
Foto: G. Ferreiro. |
Ademáis de repartirlle folletos do "Grupo Píllara" , explicámoslle a importancia de conservar esta especie ameazada, de non levar cans á praia, de deixar as algas na area, ou de ser esta una das poucas praias de Galicia que non ten papeleiras, e que os usuarios xa concienciados manteñen en perfecto estado.
Un ano máis estas accións resultan moi produtivas e cunha alta participación e están a ser un exemplo para outros concellos que tamén teñen esta especie protexida nas súas praias.
Tamén agradecer a todos os voluntarios que dedicaron a sua mañá do domingo as píllaras das dunas!
|
Foto: G. Ferreiro. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario