domingo, 17 de mayo de 2020

MAIS NIÑOS DE PÍLLARAS

Macho e femia de Píllara das dunas. Abril 2020. G. Ferreiro.
Hoxe no percorrido polas praias do Salnés onde nidifican as píllaras das dunas (Charadrius alexandrinus), despois de moito anos atopamos nunha praia de Sanxenxo un niño con 2 ovos. Neste concello  facía 6 anos que non aniñaban as píllaras, ainde que o intentaron cada ano.

Na praia da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, hoxe tamén atopamos un segundo niño con  3 ovos e outro con 1.

De momento temos un total de 4 niños de píllara das dunas. 

Quenes non faltaron foron os  cans soltos por todas partes.

17/05/2020. G. Ferreiro.
Con esta lideira que temos agora coa praia e cos cans, e que vai en aumento, cada ano hai que empezar de 0. É desesperante. 

17/05/2020. G. Ferreiro.
As píllaras das dunas son aves protexidas porque corren perigo de desaparecer de Galicia. Para que isto non ocorra só necesitan tranquilidade e praias onde non se peneire a area, é dicir, praias naturais e sas.
Ademais é moi importante que non haxa cans nos areais, xa que os cans son un factor de perturbación biolóxica moi grande, pois causan moito estrés nos adultos, o que pode provocar abandono de postas e depredación de pitos.

1 comentario:

  1. Saúdos! Boa nova que volvan a Sanxenxo aínda co impacto do "caninovirus"... Moito ánimo co voso traballo, Damián

    ResponderEliminar