domingo, 10 de mayo de 2020

PRIMEIRO NIÑO DE PÍLLARA DAS DUNAS

O venres pola mañan localizamos  o primeiro niño de Píllara das dunas na praia da Lanzada do Concello do Grove. O niño  xa tiña 3 ovos polo que pola tarde foi protexido coa gaiola e balizado.

Niño 1. 08/05/2020. G. Ferreiro.


Niño 1. 08/05/2020. G. Ferreiro.
Tamén na praia de Montalvo había unha parella de píllaras  asentada nun territorio e con ganas de aniñar.
Macho adulto. 09/05/2020. Montalvo. G. Ferreiro.
Esperemos que todo vaia ben.

O que non faltaron  nas praias tanto o venres como onte e hoxe, foron os cans soltos.

Cans soltos. 10/05/2020. G. Ferreiro.

1 comentario:

  1. Graciñas Gustavo e Encarna. Este confinamento foi un respiro para as píllaras, mais penso que xa se acabou a paz nas praias. Volverán os cans soltos sen correa, igual as cribadoras nalgún concello e esas píllaras de Montalvo vaticino que terán moitos problemas para sacar unha eventual niñada polos grupos de paseantes. Os de sempre entraron no confinamento alleos ao valor da vida nas praias e saíron del igual. Apertas e ánimos co voso traballo, Damián

    ResponderEliminar