martes, 9 de junio de 2020

OBRAS DE RESTAURACIÓN NA IGREXA DE MARROZOS


E xa que o domingo foi o Día Mundial dos Cirrios ou Vencejos, dicir que fai  uns meses fixéronse obras de restauración na igrexa  de Santa María de Marrozos en Santiago de Compostela.

Y ya que el domingo fué el Día Mundial de los Vencejos, decir que hace unos meses se realizaron obras de restauración en la iglesia de Santa María de Marrozos en Santiago de Compostela.

Igrexa de Marrozos. G. ferreiro.

Conseguimos o compromiso por parte do Organismo promotor, da arquitecta directora e da empresa encargada das obras de restauración, de que todos os traballos se fixeran respetando a fauna existente.

Despois de facer varias visitas a  igrexa co fin de estudar ben a sua fauna, detectamos niños de cirrio común, pardal común, rabirrubio tizón e morcego.

Conseguimos el compromiso por parte del Organismo promotor, de la arquitecta directora e de la empresa encargada de las obras de restauración, que todos los trabajos se hicieran respetando la fauna existente.
Después de hacer varias visitas a la iglesia con el fin de estudiar bien su fauna, detectamos nidos de vencejo común, gorrión común, colirrojo tizón y murciélago.


Niño de pardal común na iglrexa. G. Ferreiro.


Cirrio común accedendo a un burato do muro. G. Ferreiro.

 Solicitamos a paralización dos traballos e que no instalasen redes nos andamios que xa estaban montados e con niños preto, a o cal accederon; e fíxemos o seguemento durante o período de duración das obras, facilitándonos o acceso a todas as zonas do templo.

No noso informe presentamos unha proposta de actuación consistente non só en  respetar os niños existentes, sinon tamén crear novos espazos para pardal común e rabirrubio tizón, así como aumentar os buratos para cirrio común en todo o alero da nave principal da igrexa (buratos tapados tanto en aleros como nos muros nunha antiga rehabilitación), de forma que non só se mantivera a fauna actual, sinon que as colonias teñan posibilidades de crecer no futuro.

G. Ferreiro.

G. Ferreiro.
Tamén solicitamos crear accesos ao interior da bóveda para que os murcegos puidesen entrar.

 
G. Ferreiro.
 Tanto o Organismo promotor, como a arquitecta directora e a empresa encargada das obras de restauración comprometéronse a incorporar ao proyecto as suxerencias necesarias para salvagardar a fauna existente e habilitar novos espazos para que as colonias poidan crecer, e así levouse a cabo.

Ao final habilitáronse accesos para pardal común e rabirrubio tizón, accesos para morcegos, así como buratos nas tellas da nave principal da iglexa para que os cirrios comuns poidan aniñar.


Con esta rehabilitación, unha vez máis, quedou demostrado que a conservación do noso patrimonio cultural é perfectamente compatible coa conservación do patrimonio natural que albergan os monumentos e ainda que o cambio de conciencia é lento, si non cejamos no empeño, os organismos implicados nas rehabilitacións do patrimonio histórico irán tomando exemplo. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario