lunes, 7 de octubre de 2019

AVES DO DÍA DAS AVES

Foto: E. González
Tamén o domingo festexamos o Día das Aves 2019 cunha ruta guiada pola Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Como o tempo acompañounos, os 24 participantes da xornada con telescopios e prismáticos percorremos diferentes ambientes da Reserva e contorna para buscar a maior variedade de aves.

Identificamos 78 especies, entre elas, patos, garzas, aves rapaces, limícolas, ardeidos, aves mariñas, paseriformes, etc.

De entre todas destacamos un bilurico escuro (Tringa erythropus), especie invernante e migradora escasa no noso territorio e unha píldora dourada americana (Pluvialis dominica), especie divagante excepcional por ser nativa da tundra ártica pero de Norteamérica.

As aves aportan vida e alegría, polo que o Día das Aves os participantes disfrutamos e fumos un pouco más felices.

Lista de aves:

Nome científico
Nome galego
Nome castelán
Spatula clypeata
Cullerete
Pato cuchara
Mareca strepera
Pato frisado
Anade friso
Mareca penelope
Pato asubiador
Silbón europeo
Anas platyrhynchos
Lavanco
Ánade azulón
Anas acuta
Pato rabilongo
Anade rabudo
Melanitta nigra
Pentumeiro
Negrón común
Tachybaptus ruficollis
Mergullón pequeño
Zampullín común
Platalea leucorodia
Cullereiro
Espátula común
Ardea cinerea
Garza real
Garza real
Egretta alba
Garzota grande
Garceta grande
Egretta garzetta
Garzota
Garceta común
Phalacrocax aristotelis
Corvo mariño cristado
Cormorán moñudo
Phalacrocorax carbo
Corvo mariño grande
Cormorán grande
Accipiter nisus
Gabián
Gavilán común
Buteo buteo
Miñato
Busardo ratonero
Rallus aquaticus
Rascón
Rascón europeo
Gallinula chloropus
Galiñola común
Gallineta común
Fulica atra
Galiñola negra
Focha común
Haematopus ostralegus
Gabita
Ostrero euroasiático
Himantopus himantopus
Pernalonga
Cigüeñuela común
Pluvialis dominica
Píldora dourada americana
Chorlito dorado americano
Pluvialis squatarola
Píldora cincenta
Chorlito gris
Charadrius hyaticula
Píllara real
Chorlitejo grande
Numenius phaeopus
Mazarico chiador
Zarapito trinador
Numenius arquata
Mazarico real
Zarapito real
Limosa laponica
Mazarico rubio
Aguja colipinta
Limosa limosa
Mazarico rabinegro
Aguja colinegra
Arenaria interpres
Virapedras
Vuelvepiedras común
Calidris canutos
Pilro gordo
Correlimos gordo
Calidris alpina
Pilro común
Correlimos común
Actitis hypoleucos
Bilurico das rochas
Andarríos chico
Tringa totanus
Bilurico común
Archibebe común
Tringa eruthopus
Bilurico escuro
Archibebe oscuro
Tringa nebularia
Bilurico claro
Archibebe claro
Chroicocephalus ridibundus
Gaivota chorona
Gaviota reidora
Ichthyaetus melanocephalus
Gaivota cabecinegra
Gaviota cabecinegra
Larus marinus
Gaivotón
Gavión atlántico
Larus michahellis
Gaivota patiamarela
Gaviota patiamarilla
Larus fusvus
Gaivota escura
Gaviota sombría
Columba livia/domestica
Pombo das rochas
Paloma bravía
Columba palumbus
Pombo torcaz
Paloma torcaz
Streptopelia decaocto
Rula turca
Tórtola turca
Apus pallidus
Cirrio pálido
Vencejo pálido
Alcedo atthis
Picapeixe
Martín pescador
Dendrocopos major
Peto real
Pico picapinos
Picus sharpei
Peto verde
Pito real ibérico
Falco peregrinus
Falcón peregrino
Halcón peregrino
Pica pica
Pega
Urraca común
Corvus corone
Corvo pequeno
Corneja negra
Periparus ater
Ferreiriño negro
Carbonero garrapinos
Lophophanes cristatus
Ferreiriño cristado
Herrerillo capuchino
Cyanistes caeruleus
Ferreiriño azul
Herrerillo común
Parus major
Ferreiro real
Carbonero común
Cettia cetti
Rousinol bravo
Cetia ruiseñor
Phylloscopus collybita
Picafollas europeo
Mosquitero común
Cisticola juncidis
Carriza dos xuncos
Cistícola buitrón
Sylvia atricapilla
Papuxa das amoras
Curruca capirotada
Sylvia communis
Papuxa común
Curruca zarcera
Sylvia melanocephala
Papuxa cabecinegra
Curruca cabecinegra
Regulus ignicapilla
Estreliña riscada
Reyezuelo listado
Troglodytes troglodytes
Carriza común
Chochín paleártico
Certhia brachydactyla
Gabeador común
Agateador europeo
Sturnus unicolor
Estorniño negro
Estornino negro
Turdus merula
Merlo común
Mirlo común
Erithacus rubecula
Paporrubio
Petirrojo europeo
Phoenicurus ochruros
Rabirrubio
Colirrojo tizón
Saxicola rubicola
Chasco
Tarabilla europea
Passer domesticus
Pardal
Gorrión común
Prunella modularis
Azulenta
Acentor común
Motacilla alba
Lavandeira branca
Lavandera blanca
Anthus pratensis
Pica dos prados
Bisbita pratense
Pyrrhula pyrrhula
Cardeal
Camachuelo común
Chloris chloris
Verderolo
Verderón común
Linaria cannabina
Liñaceiro
Pardillo común
Carduelis carduelis
Xílgaro
Jilguero europeo
Serinus serinus
Xirín
Serín verdecillo
Emberiza cirlus
Escribenta común
Escribano soteño
Estrilda atrild
Pico de coral
Pico de coral

TALLER CAIXAS-NIÑO DÍA DAS AVES



O sábado 5 celebramos o Día das Aves 2019 cun obradoiro de caixas-niño e comedeiros para aves na que participaron  nenos e adultos de Inditex.


Foron 57 os participantes a este taller celebrado en Arteixo, CO, na Aula da Natureza deste concello,  e que despois dunha introdución explicativa de para que sirven  as caixas e os comedeiros,  puxéronse mans a obra na elaboración dos obxetos para paxaros.




Con moito entusiamo e destreza nenos e pais fixeron coas 57 caixas-niño e comedeiros un bo traballo manual que unha vez rematado colocaron nas árbores do parque da cantorna da aula.


Este Día das Aves 2019 quedará na memoria dos mais pequenos de Inditex como un graniño de area en favor dos paxariños e da biodiversidade da sua localidade.


domingo, 29 de septiembre de 2019

1ª XORNADA DE VOLUNTARIADO NA RESERVA ORNITOLÓXICA DO GROVE

Hoxe inaguramos as xornadas de voluntariado posestival con unha limpeza de residuos e identificación e extracción de plantas exóticas invasoras na Reserva Ornitoloxica de SEO/BirdLife do Grove.


Foron os voluntarios de Alcampo Vilagarcia  os que adicaron a sua mañan do domingo a loitar pola mellora da praia e da duna de Area da Cruz.


A pesar do vento e da chuvia a xornada foi moi productiva e os participantes quedaron moi satisfeitos do traballo realizado.


Grazas aos voluntarios de Alcampo Vilagarcia e ao Concello do Grove por aportar o seu graniño de area en favor da natureza!!


sábado, 28 de septiembre de 2019

DÍA DAS AVES 2019

Imaxina un paseo nunha tarde de veran sin o canto alborotado dos cirrios ou das anduriñas, pola costa sin sentir o sentimento que provoca a chamada das gaivotas ou por un bosque sin oír aos ferreiriños

Queremos un mundo con aves!

Os días 5  y 6 de outubro SEO/BirdLife celebra o Día das Aves 2019 con actividades en toda España.

SEO-Pontevedra celebrará o Día das Aves o 6 de octubro realizando unha bonita Ruta pola Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove e contorna, que a día de hoxe é a Reserva Ornitolóxica máis grande de España, a única que hai en Galicia e a primeira que incluie medio mariño.

Guiada por ornitólogos do grupo local SEO-Pontevedra podredes coñecer un pouco máis as aves que fan que a pequena península do Grove sexa tan especial.
Este evento aberto e gratuito trata de poñer en valor a gran riqueza da Reserva e a sua contorna, xa que es descoñecida pola maioría das persoas, e concienciar sobre a conservación das aves que comparten con nos a Terra e os ecosistemas onde viven.
¡Anímate!
As prazas son limitadas.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo a seo-pontevedra@seo.org 

Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres as duas da tarde.


A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.

O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.

Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!

lunes, 23 de septiembre de 2019

AS AVES DO SUR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Foto: G. Ferreiro.
Onte na saída por espacios naturais do sur da provincia de Pontevedra, os participantes da excursión, disfrutamos dun domingo moi agradable e cheo de aves.

Logramos identificar 72 especies, destacando 3 águias pescadoras con peixes nas patas, pedreiro cincento, chasco norteño, papamoscas negro, cirrio pálido, picafollas musical e común, tartaraña das xunqueiras, lavandeira boieira, tordo charlo, gavián, picapeixe, cullereiro, anduriña daúrica, rascón, pilro tridáctilo, pilro gordo, gavita, etc, etc.

Pero os protagonistas indiscutibles do día foron  catro aves xuntas, moi fermosas e confiadas:1 escribenta lapónica (Calcarius lapponicus) e 3 píllaras rubias (Charadrius morinellus) que conseguiron a nosa admiración e que lle adicáramos un longo espazo de tempo.




Fotos: G. Ferreiro.

viernes, 13 de septiembre de 2019

POLO SUR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O vindeiro domingo 22 de setembro faremos unha excursión para observar aves a diferentes espacios naturais do sur da provincia de Pontevedra.

Intentaremos observar aves acuáticas, mariñas e paxariños que nestas datas están en plena migración posnupcial.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 20 as duas da tarde.


A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.

O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.

Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!

sábado, 17 de agosto de 2019

POLAS PRAIAS DE RIBEIRA, A CORUÑA


"2ª Xornada de Sensibilización e Concienciación" da píllara das dunas (Chorlitejo patinegro) na península do Barbanza, a cal forma parte do proxecto de conservación e divulgación que estamos a realizar coa colaboración da Deputación da Coruña.

Pola mañan estivemos en Coroso con un campamento de veran de duns 30 rapaces. Falámoslle da píllara e seus poliños e da importancia de conservala nesta comarca. 


Os nenos quedaron moi contentos e aprenderon que no areal non soo hai bañistas, sinon tamén  poliños dun ave que está en perigo.


Logo fumos a praia do Vilar no Parque natural de Corrubedo con un grupo duns 25 voluntarios de diferentes nacionalidades.


Enseñámoslle o grupo familiar que ainda queda nun extremo do Vilar.
Todos mostraron asombro de como esta sensible especie pode convivir cos veraneantes.

Xa pola tarde nesta misma praia guiamos a varias familias. Tamén  mostrámoslle outros valores do parque dos que dependen estas aves.


E atardiña voltamos a  Coroso, e o grupiño que estaba na duna fixo as ledicias das persoas que transitaban polo paseo marítimo.


Todos os participantes destas actividades levaron publicacións e agasallos relacionados coa especie e fixeronse fotos con alas de píllara para o recordo.


Unha vez mais creemos que a xornada foi moi productiva e ilusionante, tanto para nos como para os nenos e maiores, xa que descubriron outro valor natural das praias: a píllaras das dunas.

viernes, 2 de agosto de 2019

BOAS NOVAS NA RESERVA ORNITOLÓXICA DO GROVE, PONTEVEDRA

Estes días eclosionaron os 3 ovos do último niño de Píllara das dunas (Chorlitejo patinegro), da praia da Reserva Ornitolóxica do Grove.

Polo de píllara das dunas. 02/08/2019. G. Ferreiro.
Esperamos que estes 3 poliños recen nacidos e que hoxe conseguimos observar, cheguen a voar nesta tempada caracterizada polas aglomeracións de xente na praia.

Praia da Reserva Ornitolóxica do Grove. 28/07/2019. G. Ferreiro

A segunda voa noticia é que a maioria dos polos que naceron nos meses anteriores foilles moi ben, pois xa voan e polo tanto danse por salvados.

Polos voantons, 21/07/2019. J. Gómez.

viernes, 19 de julio de 2019

CARRASCALINHO, UN VOITRE NEGRO NO MEDIO DUN PARQUE EÓLICO

A história de Carrascalinho, un voitre negro (Aegypius monachus) marcado con xeolocalizador, de veraneo en Galicia.

Fai uns días avisáronnos os colegas da SPEA (Sociedad Portuguesa para o Estudo das Aves), que un voitre negro marcado con GPS que forma parte dun proxecto de investigación internacional onde tamén participan científicos Suizos da Vulture Conservation Foundation, levaba algún tempo pola Serra do Cando (Pontevedra),a cal está protexida pola  Rede Natura 2000. 

 Pois ben, a alarma salta cando se comproba, a través dos datos transmitidos via satélite polo aparato que porta a ave, que está perigosamente próximo a un parque eólico de grandes dimensións que ocupa parte desta serra, co conseguinte perigo de colisión contra as aspas dos muiños de vento.

Movementos do voitre negro entre as turbinas da Serra do Cando. Pontevedra

Nese mesmo instante puxemos en coñecemento deste feito a Delegación Provincial de Patrimonio Natural de Pontevedra e solicitamos que se tomaran as medidas oportunas para deter os eólicos xa que o voitre corria serio perigo de morrer alcanzado polas aspas das turbinas.

Finalmente a Xunta toma conciencia deste feito e ordena a paralización do parque que inclúe 94 muíños de vento, xa que o voitre continua movéndose entre eles.

Pola nosa parte, os investigadores portugueses e suizos nos van facilitando os desprazamentos do voitre negro de forma continuada para saber en todo momento a súa localización. Ao mesmo tempo se lle vai trasladando a administración estos datos para poder levantar as cautelas no momento en que a ave xa non corra risco de morte. 

Agradecémoslle a Delegación Provincial de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia a súa implicación na defensa do voitre, que ademáis posteriormente puidemos comprobar que xunto con él tamén estaban outros  voitres leonados (Gyps fulvus) que corrían o mesmo risco de morte.

Con esto se demostra que con boa vontade se conseguíu coordinar membros de tres países e a administración Galega reaccionou con axilidade e bo criterio.


Esperemos que toda esta hazaña chegue a bo porto e o voitre negro non corra mais perigo.

2ª XORNADA DE CONCIENCIACIÓN E DIVULGACIÓN

18/07/2019. E. González.
Onte celebramos a 2ª Xornada de Sensibilización e Divulgación auspiciada polo Apadrinamento de Proxecto Libera na praia do Grove onde nidifican as píllaras das duna ou chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus).

Varios voluntarios de SEO-Pontevedra e membros da área de Medio Ambiente do concello do Grove fixemos de guías para mostrar os poliños e adultos de píllaras que ainda móvense pola praia.

A mañan foi todo un éxito xa que centos de persoas pasaron por diante dos telescopios quedando encantados de descubrir estas adorables aves.

18/07/2019. G. Ferreiro.
Pouco a pouco os usuarios da praia vanse concienciando de valor de ter píllaras das dunas e poliños curricando pola area,  así como da importancia de non levar cans a este areal, de conservar as algas varadas na praia e de que cada un de nos debe facerse responsable dos residuos que xenera, simplemete depositándoos nos lugares habilitados nos aparcadoiros.

Poliños e adultos na praia. G. Ferreiro.

martes, 9 de julio de 2019

A SERRA DA ENCIÑA DE LASTRA

O vindeiro domingo 21 de Xulio faremos unha saída para observar aves ao Parque Natural da Serra da Enciña de Lastra, Rubiá, Ourense.

A Enciña de Lastra caracterizase por ter un clima pertencente a rexión mediterránea o que fai que teña unha biodiversidade espacial, de ahí que sexa Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, Zona de Especial Protección para as Aves e Zona de Especial Conservación.

Entre as suas aves destacan: voitre blanco, águia real, choia, picanzo cabecirrubio, abellaruco, rabirrubio de testa branca, escribenta hortelá, etc.



Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do mércores 17 as duas da tarde.


A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.

O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.

Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!



lunes, 8 de julio de 2019

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN (Píllara das dunas - Chorlitejo patinegro)

Foto: Gustavo Ferreiro.
Onte domingo celebramos a primeira "Xornada de Sensibilización e Divulgación", na praia do Grove onde temos poliños de píllara dás dunas (Chorlitejo patinegro).

Despois de montar os telescopios e dirixilos ás familias de píllaras que están na praia, os usuarios desta foron convidados polos voluntarios de SEO-Pontevedra a descubrir os pitos que se mimetizaban coa area.

Durante tres horas, moita xente pasou polos telescopios e quedaron encantadas de descubrir algo inesperado: os  pitiños e os seu pais vixiantes.


Foto: G. Ferreiro.
Ademáis de repartirlle folletos do "Grupo Píllara" , explicámoslle a importancia de conservar esta especie ameazada, de non levar cans á praia, de deixar as algas na area, ou de ser esta una das poucas praias de Galicia que non ten papeleiras, e que os usuarios xa concienciados  manteñen en perfecto estado.


Un ano máis estas accións resultan moi produtivas e cunha alta participación e están a ser un exemplo para outros concellos que tamén teñen esta especie protexida nas súas praias.

Tamén agradecer a todos os voluntarios que dedicaron a sua mañá do domingo as píllaras das dunas!

Foto: G. Ferreiro.

jueves, 4 de julio de 2019

NOTICIAS SOBRE A AVE DO ANO 2019

Que ves na foto?. G. Ferreiro.
As derradeiras noticias sobre a píllara das dunas (Ave do Ano 2019), que nidifican na Reserva Ornitolóxica do  Grove son as seguientes:

- Na praia hai unha familia de píllara con 3 pollos, dos que se encarga a femia e que xa realizan pequenos voos, polo que se dan por salvados.

- Unha segunda familia vixiada polos dous proxenitores, da que só miramos 1 poliño e que tamén realiza voos cortos.

- Un terceiro grupo familiar o forman  3 poliños de 20 días dos que se encarga o macho.

- Unha  familia a cargo do pai, con 2 pequenas píllaras, pois naceron fai 8 días.

- E un novo niño descubierto o día 2 e que polo de agora ten 2 ovos.

De momento son 5 familias con 9 poliños de píllara das dunas ou chorlitejo patinegro na praia da Reserva Ornitolóxica do Grove.

É un  gran éxito. É a Ave do Ano 2019.

Resaltar que xa casi non se ven cans na praia.

viernes, 28 de junio de 2019

XORNADAS CIENTÍFICAS EN SANTIAGO

Co gallo das festas do barrio de San Pedro de Santiago de Compostela, organízanse unhas xornadas científicas o sábado 29 de xuño donde fumos convidados a participar.
Haberá un PUNTO CIENTÍFICO na praza 8 de Marzo con diferentes actividades e estands relacionados coa ciencia, a cargo da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnoloxía e de SEO/Birdlife.  Pola tarde tamén organizaremos un pequeno paseo paxareiro para descubrir as aves urbanas e des parques.



miércoles, 26 de junio de 2019

PILLADO UN CETREIRO EXPOLIADOR DE NIÑOS

Felicitamos ao SEPRONA e a os Axentes de Medio Ambiente,  porque estos días conseguiron localizar ao autor do expolio dun niño de lagarteiro (Falco tinnunculus) que estaba criando nun edificio abandoado do Grove, Pontevedra.

Catro dos cinco polos que foron roubados por un cetreiro da zona, posteriormente foron recuperados e devoltos ao niño.



Mais información Aquí e aquí.

viernes, 21 de junio de 2019

PÍLLARA DAS DUNAS - CHORLITEJO PATINEGRO

Polos con 20 días. 20/06/2019. G. Ferreiro.
Hoxe no control de píllaras das dunas (Chorlitejo patinegro), das praias do Grove, observamos os 3 polos irmans que teñen 20 días, un polo doutro niño que ten uns 17 días, e 3 poliños pequenos que naceron fai unha semana.

Polo de 1 semana. 21/06/2019. G. Ferreiro.

Todavía queda un niño no que a femia segue incubando.

Onte andaban pola praia 3 cans abandoados que corrían detrás das píllaras. Conseguimos recoller 2 deles e entregálos a Protección Civil, que os levou a protectora.

20/06/2019. E. González.

martes, 18 de junio de 2019

SERRA DO SUÍDO

O próximo día 30 de xuño está previsto facer unha saída ornitolóxica a Serra do Suído, A Lama.

Nesta roteiro intentaremos observar as aves estivais e residentes que ocupan os cumios deste espazo de alto valor ecolóxico,  así como  paxariños de bosque de ribeira dos ríos que nacen na serra.


Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 28, as duas da tarde.


A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.

O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.

Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.

Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!



lunes, 17 de junio de 2019

PROXECTO LIBERA - 1 M2 POLA NATUREZA



Este sábado SEO-Pontevedra participou no Proxecto Libera, proxecto creado por SEO/BirdLife en colaboración con Ecoembes, para loitar contra o abandono de lixo en entornos naturais (BASURALEZA). 
Esta actividade celebrase en toda España con mais de 450 puntos de recollida de lixo e 11.000 participantes.

Duas foron as nosas xornadas de limpeza, unha con Nova Pescanova no entorno de San Simón, Vilaboa, na que participaron unhas 60 persoas. E outra no concello de Valga con Nestle, en dous dos seus espazos naturais: Vilarello e Mina Mercedes.


Entre as dúas limpezas retiráronse uns 160 kilos de lixo, dos que un gran número foron microplásticos e cabichas, nos que fixemos fincapé polo impacto negativo que causan no medio natural.


Todos os partipantes disfrutaron  aportando o seu graniño de area para LIBERAr a natureza de lixo.

jueves, 6 de junio de 2019

SEIS POLOS

Son seis os polos de píllara das dunas (Chorlitejo patinegro), que currican pola praia da Reserva Ornitolóxica do Grove.

Onte miramos os tres poliños que atopamos o día 1 de xuño,  mais outros tres que naceron o día 3.

Esperamos que este temporal tampouco lles afecte negativamente.

Polos de píllara das dunas. 05/06/2019. G. Ferreiro.


martes, 4 de junio de 2019

PRIMEIROS POLIÑOS DE PÍLLARA - CHORLITEJO PATINEGRO

Macho adulto na duna. G. Ferreiro.


Xa naceron os primeiros poliños de píllara das dunas na praia da Reserva Ornitolóxica do Grove onde nidifican.

De un niño naceron 3, do outro os ovos eclosionaron pero os polos non se viron  porque probablemente estén refuxiados na duna.