Hechos lamentables
lunes, 26 de julio de 2021
miércoles, 14 de julio de 2021
AVES DO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO
![]() |
O próximo 24 de xullo realizarase o primeiro roteiro ornitolóxico desta tempada polo Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra), para coñecer as aves que alí habitan.
martes, 6 de julio de 2021
PÍLLARA DAS DUNAS NA RESERVA ORNITOLÓXICA
| Macho adulto. G. Ferreiro |
Esta tempada está
sendo bantante complicada para a reprodución dá Píllara das dunas ou
Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus), na Reserva
Ornitolóxica de SEO/ BirdLife do
Grove.
Polo de agora
foron bastantes os niños que atopamos
na praia. Alguns
desapareceron por causa dos temporais
de primavera e outros foron depredados ou abandoados. Tamén alguns ovos non chegaron a eclosionar e varios
polos morreron por causa do frío e dá
chuvia deste verán tan atípico.
| E. González. |
Pero ainda quedan 2 niños onde os adultos están incubando e temos 4 poliños no areal, destos, 2 xa fan voos curtos.
Tamén dicir que
ainda que xa hai menos
cans na praia, algún
sempre se cola, a pesar dá vixiancia de persoal de medio ambiente, dá policía local e do SEPRONA. De momento levamos 113 donos de mascotas informados.
IMPACTO DOS RESIDUOS MARIÑOS NAS PÍLLARAS
Hoxe nunha das inspeccións rutinarias, atopamos que un dos poliños do último niño eclosionado tiña unha maraña de sedal moi fino liado nas patas. Esto impedialle moverse con normalidade e condenaríao a unha morte segura
Deixamos un vídeo
ilustrativo do impacto negativo que causan os residuos contaminantes dos océanos e que chegan as nosas praias con Píllaras das dunas.
Por sorte conseguimos capturar o polo e liberalo a tempo do sedal, o cal marchou correndo coa súa familia.
lunes, 14 de junio de 2021
1m2 CONTRA A BASURALEZA 2021
Duas destas xornadas foron no Camiño de Santiago con Cabreiroá. Unha nun tramo do camiño que discorre por Monterrei, (Ourense) e outra recollida fíxose nunha senda do camiño que pasa por un belo bosque galego autóctono en Ordes (A Coruña).
Tamén o grupo Nova Pescanova, colaborou con nos nesta actividade facendo unha recollida na contorna natural de cabo Udra. Pontevedra.
En todas estas xornadas retirouse moito lixo e non só de gran tamaño, senón tamén microplásticos e cabichas que as limpezas municipais non retiran e causan un grave problema nos espazos naturais.
Grazas a todos vos voluntarios por dedicar ou seu tempo a liberar a natureza de lixo!
lunes, 7 de junio de 2021
LIMPEZA NA RIBEIRA DO MIÑO CON DECATHLON
| Foto E. González. |
Onte domingo fixose unha xornada de limpeza de residuos en colaboración con Decathlon de Ourense e súas actividades adicadas ao Medio Ambiente, na senda que discurre pola ribeira do río Miño a seu paso por Ourense.
Neste espazo de gran riqueza natural de flora e fauna, destacan as aves, así os participantes poideron disfrutar de: cirrio común, anduriña das barreiras, picafollas ibérico, papuxa das amoras, peto verde, lavanco, gaivota de patas amarelas, pin pín vulgar, merlo común, pombo torcaz...
Durante a mañan os voluntarios adicaron o seu día libre a retirar da contorna toda clase de residuos, entre eles as toalliñas húmidas que veñen arrastradas pola auga e quedan enganchadas nas ramas das árbores, ademáis de plásticos, envoltorios, panos de papel, zapatos, metais, rodas …
Na xornada impartimoslle tamén varias microconferencias sinalando o grave problema que supon a basura na natureza (Basuraleza), e a función primordial que desempeñan os ríos en estado limpo para a saúde ambiental, non só para as especies animais e vexetais, sinon tamén para o home.
Grazas a Decathlon e a todos os voluntarios!
sábado, 5 de junio de 2021
PÍLLARAS E CANS
Seguen levando cans aos areais da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove onde nidifica a ameazada Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro.
A PESAR DOS INNUMERABLES CARTEIS
QUE PROHIBEN
CANS NA PRAIA
POR PARTE DOS
VOLUNTARIOS DE SEO-PONTEVEDRA
E DOS AXENTES
MEDIOAMBIENTAIS
A PESAR DAS MULTAS DA POLICÍA LOCAL E DO SEPRONA
E HABENDO UN AREAL CANINO MOI PRETO
CADA DÍA XENTE INCÍVICA
CONTINÚA LEVANDO CANS
ÁS POUCAS
PRAIAS DE GALICIA
ONDE AÍNDA CRÍA
A PÍLLARA DAS DUNAS
non querer aceptar cal é a prioridade,
se a das suas mascotas,
QUE ESTÁN PROHIBIDAS,
POLO QUE INFRINXEN A LEI
e que ademais
NON CORREN NINGÚN RISCO DE EXTINGUIRSE,
COMO A PÍLLARA DAS DUNAS
QUE TEÑEN QUE
SOBREVIVIR POR SI SÓS
NUN MUNDO CADA VEZ MÁIS
HUMANIZADO
E QUE ESTÁN EN PERIGO DE
DESAPARECER PARA SEMPRE.
POLA CULPA DOS SEUS CANS
domingo, 30 de mayo de 2021
INTERVENCIÓN NUNHA COLONIA DE CIRRIOS
Rápidamente puxémonos en contacto coa empresa e arquitecto director das obras. Tras unha reunión de urxencia no propio edificio, comprobamos que o alcance das obras non ia afectar directamente a zona de aniñamento, as cales consistirían en reparacións puntuais da cuberta, illamento dunha terraza e limpeza e pintado de fachada.
Neste edificio os cirrios utilizan os ocos das tellas que hai baixo o aleiro do tellado para acceder os niños, albergando unha colonia mixta de Cirrio pálido ou Vencejo pálido (Apus pallidus) e Cirrio común ou Vencejo común (Apus apus). Lembramos que o círrio foi nomeado Ave do Ano 2021 por SEO/BirdLife, polo retroceso que esta sufrindo en toda España.
| Fachada con redes. E. González. |
| Aleiro coa rede diante. E. González. |
As nosas recomendacións foron aceptadas e aplicadas con axilidade as cales consistían na retirada da citada rede en toda a parte superior do andamio. Tamén se lle indicou que foran especialmente coidadosos na limpeza das cornisas e tomaran todas as precaucións necesarias para evitar molestias nas zonas próximas aos accesos no aleiro.
![]() |
| Aleiro sen rede. E González. |
Neste caso as Aves do Ano 2021 puideron seguir coas suas tarfeas reprodutivas, e desexamos que así sexa por moito tempo.
![]() |
| Aleiros sen redes. E. González. |
miércoles, 26 de mayo de 2021
NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS
| Foto E. González. |
Como xa se comentou fai uns días, un total de 8 niños de Píllara das dunas houbo na Reserva.
O primero levouno a forte marea do temporal de finais de abril, outros dous niños desapareceron a causa da chuvia e o vento de mediados de maio e dous máis foron abandoados, polo que só quedaron 3 niños activos.
Hoxe atopamos un novo niño que é unha reposición dun dos perdidos polo el mal tempo, e xa quedou protexido con balizas e "gaiola".
Agora temos un total de 4 niños de Píllara das dunas na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.
Tamén este mes La 1 de RTVE, estivo na praia grabando unha reportaxe para o programa España Directo, para chamar a atención desta ameazada limícola. Na reportaxe ademáis de facer tomas das aves, falouse da súa importancia como bioindicador do estado das praias e da necesidade de conservar a pequena Píllara das dunas e as ameazas as que se enfrenta.
| Foto E. González. |
martes, 4 de mayo de 2021
NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS NA RESERVA
| Píllara das dunas. Foto: G. Ferreiro. |
O domingo atoparonse 4 niños de Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.
Estes niños quedaron protexidos coa gaiola e a parcela de exclusión o mesmo día.
Hoxe foron 3 os niños que atopamos e xa quedaron protexidos co xaulón e co balizado.
No que vai desta tempada foron un total de 8 niños de Pïllara das dunas os que houbo na Reserva, pero o primeiro foi levado pola marea do temporal de fai uns días.
Polo de agora todo vai ben e esperamos que así sexa ata que remate a tempada de cría.
| Rematando a instalación da gaiola. Foto: G. Ferreiro. |
jueves, 8 de abril de 2021
CHOLITEJO PATINEGRO 2021
| Chorlitejo patinegro macho adulto. G. Ferreiro. |
En el mes de marzo hemos comenzado con el control de playas de la Reserva Ornitológica de SEO/BirdLife de O Grove, donde nidifican los Chorlitejos patinegros (Charadrius alexandrinus), o Píllaras das dunas, especie vulnerable en Galicia.
Algunos chorlitejos ya han
empezado a frecuentar los arenales en busca de sus lugares de reproducción, así
durante marzo fueron vistos varios ejemplares anillados en esta playa y en otros
arenales, pero que nidifican aquí.
Otra buena noticia es que un
polluelo nacido en 2020 en O Grove y anillado en agosto, fue visto el 10 de
septiembre en la playa de Baldaio y el 6 de marzo en la playa de Traba, ambas
de A Coruña.
Lo peor es que en estas fechas los
arenales están llenas de perros, y es una época crítica, ya que los chorlitejos
empiezan a buscar territorio donde anidar y si ven posibles depredadores (los
canes), se estresan y pueden abandonar las playas, dejando de criar ese año.
Estos días ya fue avisada la policía municipal que pilló a algunos dueños
con perros en la playa.
| G. Ferreiro. |
También hace unos días hemos
tenido la reunión del “Grupo Píllara”, grupo que se ocupa de la conservación
del Chorlitejo patinegro en Galicia, y en la que hemos participado distintas
asociaciones conservacionistas, Universidad de Santiago, concellos como el de O
Grove, Carballo o Pobra do Caramiñal y el Servicio de Conservación da Natureza
de Pontevedra y A Coruña, todo ello con la finalidad de coordinar en nuestra comunidad las
actuaciones de la presente temporada y facilitar que esta especie amenazada se
reproduzca con éxito.
martes, 16 de febrero de 2021
O CIRRIO COMÚN É A AVE DO ANO 2021 DE SEO/BirdLife
Tras a votación popular
posta en marcha por SEO/BirdLife para decidir a especie bandeira deste ano, la
gañadora resultou ser esta ave frecuente en contornas urbanas co 49,58%.
As outras das aspirantes,
que repetían candidatura, eran o picanzo real, que ocupou o segundo lugar co
27,15%, e o tartaraña cincenta, que, co 23,27%, quedou en terceira posición.
Os cirrios súmanse á
longa listaxe de aves comúns, como pardais ou andoriñas, en declive
poboacional, un claro sinal de que nos enfrontamos a unha crise ecolóxica sen
precedentes. Unha crise que require dun cambio rápido cara a un modelo sostible
que permita facerlles fronte aos dous grandes desafíos da humanidade: o cambio
climático e a cada vez máis alarmante perda de biodiversidade.
Como cada ano, desde
1988, SEO/BirdLife pon en marcha a campaña de comunicación e conservación “Ave
do Ano” para chamar a atención sobre a situación que atravesan algunhas das
especies máis ameazadas da avifauna e os seus hábitats e contribuír a que non
siga empeorando o seu estado e mellorar a súa situación. Ata hoxe, 31 especies
de aves foron elixidas para levar o distintivo de “Ave do Ano”.
O obxectivo é poñer o
foco sobre unha especie que necesita unha atención especial, ben polo seu mal
estado de conservación, ben porque simboliza a urxencia de protexer os hábitats
que a acollen e frear as causas que están orixinando o seu estado desfavorable
de conservación. En 2021 as miradas diríxense ao cirrio, declarado por votación
popular como Ave do Ano 2021 cun 49,48% dos votos.
Os cirrios atópanse entre
vos seres vivos máis fascinantes do planeta pola súa asombrosa forma de vida.
Estas aves adaptáronse de tal forma á vida no aire que poden pasar ata un ano
sen pousaren en ningún momento, comendo, bebendo e durmindo mentres voan de
forma ininterrompida. Unicamente no momento de nidificar requiren pousar, algo
que sempre farán nas alturas, habitualmente en edificacións, xa que teñen
serios problemas para remontaren o voo en caso de caeren accidentalmente ao
chan. É, por iso, unha ave migratoria moi ligada ao medio urbano e moi próxima
aos seres humanos, e ás súas vilas e cidades.
“O cirrio súmase á xa longa
lista de aves comúns, as que nos acompañaron sempre nos nosos barrios e vilas,
que sofren un declive poboacional. Que vexamos menos pardais, menos andoriñas
ou menos cirrios non é anecdótico senón un poderoso sinal de alarma clara de
que enfrontamos unha crise ecolóxica sen precedentes que nos debe obrigar a
repensar a nosa relación coa natureza. O actual modelo de desenvolvemento non
funciona, non está preparado para enfrontar os dous grandes desafíos que ten a
humanidade e cuxos efectos estamos a notar xa: o cambio climático e a perda de
biodiversidade”.
Unha especie en declive
Os datos do programa de
seguimento de aves comúns en primavera de SEO/BirdLife (Programa Sacre)
evidencian que o cirrio experimentou en España un declive do 27,2% nos últimos
22 anos (1998-2020). É unha especie protexida a escala estatal, ao igual que os
seus niños, polos e ovos, incluída na Listaxe de Especies en Réxime de
Protección Especial. Tamén está protexida a escala internacional pola Directiva
de Aves e o Convenio de Berna.
Unha das súas principais
ameazas é a destrución dos seus lugares de cría. Tanto os cirrios como os pálidos volven ano tras ano a
criar nos mesmos edificios. En ocasións, ao chegaren desde África, os cirrios
atópanse coas súas zonas de cría destruídas por obras de rehabilitación, ou
mesmo sucede que as obras comezan cos cirrios no interior dos seus niños.
Nestas situacións obsérvase a desesperación dos cirrios adultos por atoparen
desaparecida a entrada aos seus niños.
Esta ameaza pódese evitar
facilmente cun bo coñecemento dos lugares de cría da especie e directrices de
actuación respecto diso para os propietarios dos edificios, arquitectos e
aparelladores, administradores de predios, que permitan evitar obras durante o
período reprodutor e conservar os ocos que utilizan para criar nas
rehabilitacións, e integrando nos edificios rehabilitados niños artificiais que
ofrezan unha alternativa aos lugares de cría desaparecidos. De feito, en
previsión do desexado aumento das rehabilitacións de edificios para mellorar o
seu consumo e eficiencia enerxética que veremos nos próximos anos, a
organización conservacionista considera especialmente importante implementar
este tipo de medidas. Desta maneira contribuirase a que a transición ecolóxica
en España sexa modélica.
Nalgúns países e cidades
xa existen requirimentos legais que deben cumprirse en calquera obra que lle
poida afectar á biodiversidade urbana, sen dúbida un dos retos nos que debemos
avanzar no noso país.
Doutra banda, desde
SEO/BirdLife insístese en que a eliminación ou destrución de niños de aves
protexidas é unha práctica prohibida pola lexislación española, europea e
internacional.
Accións para a súa
conservación en 2021
O ano do cirrio colocará
a biodiversidade urbana no centro da acción de SEO/BirdLife, que vén
traballando nesta liña desde hai unha década. É preciso naturalizar os barrios e vilas, en todas as
súas dimensións, co obxecto de converter os espazos en que vivimos e
traballamos en aliados fronte á perda de biodiversidade e o cambio climático e,
con iso, en ferramentas que melloran a nosa saúde e a nosa calidade de vida.
A biodiversidade urbana
debe ser un eixe vertebrador das políticas municipais. Son numerosos os estudos
científicos que demostraron que un maior contacto coa natureza contribúe a
mellorar a saúde dos habitantes das cidades, permitindo o contacto directo coa
biodiversidade no día a día da cidadanía.
A organización abordará
este ano cun abano de accións que promovan cambios favorables para o cirrio
que, por extensión, representarán melloras nas nosas contornas de vida. Neste
sentido, será fundamental a colaboración cos diferentes axentes que interveñen
na planificación urbanística, a construción e a rehabilitación de edificios, co
obxecto de incorporar os cirrios -e o resto de variables da biodiversidade
urbana- no seu deseño.
O ano do cirrio tamén
implicará traballar no campo, especialmente na redución do uso de praguicidas e
fertilizantes, tanto no medio natural como nas contornas urbanas, para mellorar
o estado de conservación dos insectos, dos que se alimentan os cirrios e outras
aves insectívoras. Sen bichos, non hai vida.
Ademais, os traballos de seguimento científico
da avifauna pousarán a súa mirada no
cirrio. SEO/BirdLife estudará con maior detalle os seus roteiros
migratorios e os posibles cambios ambientais que lle están a afectar ao cirrio.
Toda a cidadanía pode participar neste tipo de estudos a través das apps de
ciencia cidadá que a organización pon á súa disposición e que, entre outras
cuestións, pode achegar información de interese sobre os efectos que xa está a
provocar o cambio climático nesta ave tan próxima ao ser humano.
E onde sexa necesario, SEO/BirdLife actuará legalmente para protexer as aves comúns e, en particular, o cirrio. De feito, a organización conta cun portal de denuncias ao dispor da cidadanía, co que alertar de posibles vulneracións da normativa como, por exemplo, a destrución de niños en época de cría.
miércoles, 6 de enero de 2021
Vota Ave do Ano 2021
Presentamos as tres especies candidatas a ser Ave do ano 2021.
martes, 22 de diciembre de 2020
viernes, 4 de diciembre de 2020
SEO/BirdLife reclama acción urgente para proteger a la tórtola europea y evitar, además, que España deba hacer frente a la multa de la Unión Europea
![]() |
| FOTO: Tórtola Europea ©Tatavasco |
La Comisión Europea está pidiendo a España que refuerce la protección de la Tórtola europea (Streptopelia turtur), como exige la Directiva de Aves (Directiva 2009/147 / CE).
Tanto el Pacto Verde Europeo como la Estrategia Europea de Biodiversidad indican que es crucial para la UE detener la pérdida de biodiversidad protegiendo y restaurando la biodiversidad.
España alberga más de la mitad de la población reproductora de tórtolas en la UE. En consecuencia, el territorio español es de vital importancia para la conservación de esta especie.
Entre 1996 y 2016, la población de tórtolas disminuyó un 40% en España. La tórtola se encuentra ahora amenazada, en particular como resultado de las presiones de la agricultura y la caza, que contribuyen a la pérdida de biodiversidad.
La especie se considera "Vulnerable" tanto en la Lista Roja mundial de aves como en la Lista Roja europea de aves. La Directiva exige a los Estados miembros que se aseguren de que la tórtola tenga suficientes hábitats, que estos hábitats estén protegidos por salvaguardias legales adecuadas y se gestionen de acuerdo con las necesidades ecológicas de la especie, y que la caza se lleve a cabo solo cuando sea sostenible.
Como España no había tomado las medidas necesarias para garantizar la protección de los hábitats y la caza sostenible de esta especie, la Comisión envió una carta de emplazamiento en 2019. Las autoridades españolas no respondieron satisfactoriamente, por lo que la Comisión envía hoy a España una opinión razonada.
Si España no actúa en el plazo de dos meses, la Comisión puede decidir llevar el caso al Tribunal de Justicia de la UE.”
| |||||||
| |||||||
lunes, 16 de noviembre de 2020
AS AVES DE SANTAS MARIÑAS DO SAR
Este veran acometéronse obras de restauracións na capela de Santas Mariñas do Sar en Santiago de Compostela.
Este verano se acometieron obras de restauración en la capilla de Santas Mariñas do Sar en Santiago de Compostela.
Para a restauración desta capela tanto o organismo promotor, como o arquitecto director da obra (sensibles coa natureza), quixeron que nos traballos de restauración respetáranse a fauna que acollía a capela.
Na realización do estudo preliminar poidemos constatar que na igrexa non existía ningún niño activo. Quizais debido a que nas intervencións anteriores non se deixaran accesos axeitados, xa que nas inmediacións do edificio sí poidemos comprobar a presenza de diversas especies urbanas que soen ocupar estas edificacións.
Para la restauración de esta capilla tanto el organismo promotor, como el arquitecto director de obra (sensibles con la naturaleza), quisieron que en los trabajos de restauración se respetara la fauna que acogía la capilla.
En la realización del estudio preliminar pudimos constatar que en la iglesia no existía ningún nido activo. Quizás debido a que en las intervenciones anteriores no se dejaran accesos adecuados, ya que en las inmediaciones del edificio sí pudimos comprobar la presencia de diversas especies urbanas que suelen ocupar estas edificaciones.
![]() |
| Unha das visitas a obra. E. González. |
Na proposta de intervención presentada posteriormente, propuxemos que no proxecto arquitectónico se incorporaran diferentes espazos que complementaran a restauración do monumento coa conservación e fomento da biodiversidade.
As especies obxectivo foron Cirrio común (Apus apus), Pardal común (Passer domesticus), Rairrubio (Phoenicurus ochrurus), e morcegos (Pipistrellus pipistrellus) e (Rhinolophus sp).
Esta proposta foi ben acollida polo arquitecto director, organismo promotor e a empresa contratista.
Desta maneira habilitáronse un total de 8 espazos para Pardal común, 1 para Rabirubio e 4 accesos para morcegos. Ademáis nas dúas fachadas laterais da capela quedaron os ocos das tellas dos aleiros abertos para que poidan aniñar os cirrios.
En la propuesta de intervención presentada posteriormente, propusimos que en el proyecto arquitectónico se incorporaran diferentes espacios que complementaran la restauración del monumento con la conservación y el fomento de la biodiversidad.
Las especies objetivo fueron Vencejo común (Apus apus), Gorrión común (Passer domesticus), Colirrojo tizón (Phoenicurus ochrurus), y murciélagos (Pipistrellus pipistrellus) y (Rhinolophus sp).
Esta propuesta fué bien acogida por el arquitecto director, organismo promotor y la empresa contratista.
De esta manera se habilitaron un total de 8 espacios para Gorrión común, 1 para Colirrojo tizón y 4 accesos para murciélagos. Además en las dos fachadas laterales de la capilla quedaron los huecos de las tejas de los aleros abiertos para que puedan anidar los vencejos.
| Oco para morcego. |
| Ocos para pardales. |
| Ocos para cirrio. |
| Acceso para morcego. |
Non nos cansaremos de dicir que a conservación do noso patrimonio cultural é perfectamente compatible coa conservación do patrimonio natural que albergan os monumentos. E unha vez máis quedou demostrado nesta intervención.
Non nos cansaremos de decir que la conservación de nuestro patrimonio cultural es perfectamente compatible con la conservación del patrimonio natural que albergan los monumentos. Y una vez más quedó demostrado en esta intervención.
















