Hechos lamentables
martes, 21 de diciembre de 2021
martes, 14 de diciembre de 2021
AS AVES DO LITORAL DA RÍA DE AROUSA
Este domingo os participantes na sáida pola ría de Arousa, poidemos disfrutar dun día inolvidable, pois ademaís de ter un tempo asollado, sen vento, con temperaturas agradables e co mar en calma, identificamos 55 especies de aves, nas que destacar: 2 ibis mouro, 2 pato havelada, 8 mergo cristado, 1 aguia pescadora, 6 cullereiro común, mergullon de pescozo negro, mergullón cristado, gaivota cana, mourelo común e pato de cara branca.
Esta é a lista das aves:
jueves, 2 de diciembre de 2021
AVES DO LITORAL DO SUR DA PROVINCIA DA CORUÑA
Poderemos avistar limícolas, aves mariñas, anátidas, láridos, ardeidos, rapaces, paseriformes, etc.
Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.
As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.
Para poder participar nas excursions de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 10 as duas da tarde.
martes, 30 de noviembre de 2021
AVES DEL LITORAL SUR DE PONTEVEDRA
El domingo en la salida de nuestro grupo local por el sur de la provincia de Pontevedra, hasta el mediodía que el tiempo nos lo permitió, hemos recorrido distintos puntos y hábitats para identificar aves: intermareal, carrizal, costa rocosa, etc, y en los que hemos disfrutado de bastantes especies.
Entre ellas destacar: silbón europeo, ánade friso, pato cuchara, garza real, garceta común, garceta grande (3), garcilla bueyera (12), zampullín común, cormorán moñudo, pardela balear (7), alcatraz atlántico, ostrero euroasiático, chorlito gris, chorlitejo grande, correlimos común, correlimos tridáctilo, zarapito trinador, archibebe claro, vuelvepiedras común, andarríos chico, gavión atlático, charrán patinegro, martín pescador, escribano palustre (3), etc, etc.
jueves, 18 de noviembre de 2021
AVES DO SUR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
O domingo 28 de novembro faremos una saída ornitolóxica pola zona costeira do sur da provincia de Pontevedra e intentaremos mirar as aves acuáticas que invernan nestes espazos de alto valor ecolóxico.
Ademáis de limícolas, poderemos avistar aves mariñas, anátidas, láridos, ardeidos, rapaces, etc.
Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.
As prazas son
limitadas e van por orde de inscrición.
Para poder participar nas excursions de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 26 as duas da tarde.
domingo, 24 de octubre de 2021
Outra limpeza na Reserva Ornitolóxica de SEOBidLife do Grove
Onte sábado volveuse a facer unha xornada de Limpeza na Reserva Ornitolóxica de SEO/Birdlife do Grove, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, ABANCA, e as mariscadoras do Grove.
| Un dos grupos de traballo. |
Esta vez a limpeza fíxose en varios tramos do litoral da illa da Toxa, cunha participación dunhas 300 persoas repartidas polos distintos tramos.
Despois dunha mañan de traballo retiráronse varias toneladas de lixo.
| Parte do lixo retirado. |
Entre estos destacan restos de material de acuicultura: cordas, redes, etc. E centos de pedazos de vidros, especialmente de botellas, copas, vasos e pratos, ademáis de rodas que empregan os barcos como defensas e infinade de cachos de prásticos de diversos tamaños.
| Saco de 1m cúbico de capacidade cheo de vidro. |
Unha vez máis dar as grazas a todos os participantes que pasan o seu tempo libre liberando a natureza da nosa porcallada.
domingo, 17 de octubre de 2021
LIMPEZA DA PRAIA E DUNA DA LANZADA
Onte sábado celebramos unha xornada de limpeza na Praia e duna dá Lanzada. O Grove, xunto co Grupo Naruralista Hábitar e ABANCA.
Case media tonelada de lixo retirouse deste espazo natural
protexido. Así foron 39 kg de plásticos, 19 de metal, 20 de mestura e 1 kg de
papel.
A destacar os 342 kg de vidro e 1241 cabichas.
martes, 12 de octubre de 2021
NUEVA PLACA
Esta es la placa que hemos recomendado y que han colocado en el edificio rehabilitado del casco histórico de Cambados, después de haber hecho las obras de reforma y haber respetado los huecos de acceso en la colonia de vencejo pálido (Apus pallidus), donde las aves siguen anidando felizmente.
Gracias a todas las personas que han hecho posible que los vencejos pálidos continúen criando en Cambados. Ellos nos lo agradecen alegrando los días con sus llamadas y sus pasadas por calles y plazas de esta acogedora villa litoral.
lunes, 4 de octubre de 2021
AS AVES DO DÍA DAS AVES
O sábado houbo un temporal de vento e chuvia que poucas esperazas daba para poder celebrar o Día das Aves pola Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife.
Pero as cousas cambiaron e o domingo apareceu un día luminoso e soleado con boa temperatura e sin vento. O resultado foi que todos os participantes disfrutamos das aves por distintos hábitats da reserva.
Esta é a lista das 57 especies que identificamos:
martes, 28 de septiembre de 2021
EXPOSICIÓN: “LAS AVES MARINAS, NUESTROS OJOS EN EL MAR”
![]() |
Entre el 1 octubre de 2021 y enero de
2022 SEO/BirdLife organiza una exposición fotográfica en la Lonxa de O Grove
ligada al proyecto de conservación ZEPAMAR II (financiado por la Fundación
Biodiversidad, gracias al Programa Pleamar) bajo el título “Las aves, nuestros
ojos en el mar”, en la cual se pretende destacar la importancia de las aves en
el mar y las amenazas a las que se enfrentan, con especial atención a la
interacción que ocurre entre ellas y los pescadores (conocidas como capturas
accidentales).
La ONG da a conocer de una forma
visual el trabajo colaborativo que mantiene con los pescadores para conservar
al grupo de aves más amenazado del mundo, las marinas, y reconoce su valiosa
contribución en la búsqueda de soluciones.
De esta manera, se pretende dar visibilidad a
un problema aún bastante desconocido, y generar una mayor conciencia hacia este
grupo de especies por parte del público general y de los pescadores en
particular, a quien se pretende inducir un sentimiento de empatía que
facilitaría una posible futura colaboración.
La exposición estará abierta al
público de forma gratuita en las instalaciones de la Lonxa de O Grove. Les
invitamos a visitarla y que descubran el trabajo que realizamos en colaboración
con pescadores gallegos y españoles de diversos puertos.
martes, 21 de septiembre de 2021
DÍA DE LAS AVES 2021
El fin de semana 2 y 3 de octubre celebramos el Día de las Aves en muchos lugares de toda España y con decenas de actividades de “pajareo”: Rutas guiadas, conferencias, puntos de observación de aves…
Este año estamos de celebración
por los 25 años que llevamos, gracias a miles de personas voluntarias, contando las aves comunes. En esta nueva edición del Día de las Aves, animamos a la
sociedad a salir al campo para disfrutar de ellas y a que conozcan nuestros
programas de seguimiento, para que su afición y pasión, se transforme además en
una información muy valiosa para la conservación de las aves.
El grupo local SEO-Pontevedra
celebraremos el Día de las Aves, el domingo 3 de octubre con una ruta guiada
para observar las aves de la Reserva Ornitología de SEO/BirdLife de O Grove.
ANÍMATE!!
Para poder participar en la excursiones de SEO-Pontevedra es imprescindible inscribirse antes del viernes 1 de octubre, a las 14:00h.
Las plazas son limitadas y van por orden de inscripción.
Si quieres más información o inscribirte, envíanos un correo a esta dirección:
seo-pontevedra@seo.org
martes, 17 de agosto de 2021
AVES DO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO
![]() |
O próximo 28 de agosto realizarase o segundo roteiro ornitolóxico desta tempada polo Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra), para coñecer as aves que alí habitan.
lunes, 26 de julio de 2021
miércoles, 14 de julio de 2021
AVES DO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO
![]() |
O próximo 24 de xullo realizarase o primeiro roteiro ornitolóxico desta tempada polo Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra), para coñecer as aves que alí habitan.
martes, 6 de julio de 2021
PÍLLARA DAS DUNAS NA RESERVA ORNITOLÓXICA
| Macho adulto. G. Ferreiro |
Esta tempada está
sendo bantante complicada para a reprodución dá Píllara das dunas ou
Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus), na Reserva
Ornitolóxica de SEO/ BirdLife do
Grove.
Polo de agora
foron bastantes os niños que atopamos
na praia. Alguns
desapareceron por causa dos temporais
de primavera e outros foron depredados ou abandoados. Tamén alguns ovos non chegaron a eclosionar e varios
polos morreron por causa do frío e dá
chuvia deste verán tan atípico.
| E. González. |
Pero ainda quedan 2 niños onde os adultos están incubando e temos 4 poliños no areal, destos, 2 xa fan voos curtos.
Tamén dicir que
ainda que xa hai menos
cans na praia, algún
sempre se cola, a pesar dá vixiancia de persoal de medio ambiente, dá policía local e do SEPRONA. De momento levamos 113 donos de mascotas informados.
IMPACTO DOS RESIDUOS MARIÑOS NAS PÍLLARAS
Hoxe nunha das inspeccións rutinarias, atopamos que un dos poliños do último niño eclosionado tiña unha maraña de sedal moi fino liado nas patas. Esto impedialle moverse con normalidade e condenaríao a unha morte segura
Deixamos un vídeo
ilustrativo do impacto negativo que causan os residuos contaminantes dos océanos e que chegan as nosas praias con Píllaras das dunas.
Por sorte conseguimos capturar o polo e liberalo a tempo do sedal, o cal marchou correndo coa súa familia.
lunes, 14 de junio de 2021
1m2 CONTRA A BASURALEZA 2021
Duas destas xornadas foron no Camiño de Santiago con Cabreiroá. Unha nun tramo do camiño que discorre por Monterrei, (Ourense) e outra recollida fíxose nunha senda do camiño que pasa por un belo bosque galego autóctono en Ordes (A Coruña).
Tamén o grupo Nova Pescanova, colaborou con nos nesta actividade facendo unha recollida na contorna natural de cabo Udra. Pontevedra.
En todas estas xornadas retirouse moito lixo e non só de gran tamaño, senón tamén microplásticos e cabichas que as limpezas municipais non retiran e causan un grave problema nos espazos naturais.
Grazas a todos vos voluntarios por dedicar ou seu tempo a liberar a natureza de lixo!
lunes, 7 de junio de 2021
LIMPEZA NA RIBEIRA DO MIÑO CON DECATHLON
| Foto E. González. |
Onte domingo fixose unha xornada de limpeza de residuos en colaboración con Decathlon de Ourense e súas actividades adicadas ao Medio Ambiente, na senda que discurre pola ribeira do río Miño a seu paso por Ourense.
Neste espazo de gran riqueza natural de flora e fauna, destacan as aves, así os participantes poideron disfrutar de: cirrio común, anduriña das barreiras, picafollas ibérico, papuxa das amoras, peto verde, lavanco, gaivota de patas amarelas, pin pín vulgar, merlo común, pombo torcaz...
Durante a mañan os voluntarios adicaron o seu día libre a retirar da contorna toda clase de residuos, entre eles as toalliñas húmidas que veñen arrastradas pola auga e quedan enganchadas nas ramas das árbores, ademáis de plásticos, envoltorios, panos de papel, zapatos, metais, rodas …
Na xornada impartimoslle tamén varias microconferencias sinalando o grave problema que supon a basura na natureza (Basuraleza), e a función primordial que desempeñan os ríos en estado limpo para a saúde ambiental, non só para as especies animais e vexetais, sinon tamén para o home.
Grazas a Decathlon e a todos os voluntarios!
sábado, 5 de junio de 2021
PÍLLARAS E CANS
Seguen levando cans aos areais da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove onde nidifica a ameazada Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro.
A PESAR DOS INNUMERABLES CARTEIS
QUE PROHIBEN
CANS NA PRAIA
POR PARTE DOS
VOLUNTARIOS DE SEO-PONTEVEDRA
E DOS AXENTES
MEDIOAMBIENTAIS
A PESAR DAS MULTAS DA POLICÍA LOCAL E DO SEPRONA
E HABENDO UN AREAL CANINO MOI PRETO
CADA DÍA XENTE INCÍVICA
CONTINÚA LEVANDO CANS
ÁS POUCAS
PRAIAS DE GALICIA
ONDE AÍNDA CRÍA
A PÍLLARA DAS DUNAS
non querer aceptar cal é a prioridade,
se a das suas mascotas,
QUE ESTÁN PROHIBIDAS,
POLO QUE INFRINXEN A LEI
e que ademais
NON CORREN NINGÚN RISCO DE EXTINGUIRSE,
COMO A PÍLLARA DAS DUNAS
QUE TEÑEN QUE
SOBREVIVIR POR SI SÓS
NUN MUNDO CADA VEZ MÁIS
HUMANIZADO
E QUE ESTÁN EN PERIGO DE
DESAPARECER PARA SEMPRE.
POLA CULPA DOS SEUS CANS
domingo, 30 de mayo de 2021
INTERVENCIÓN NUNHA COLONIA DE CIRRIOS
Rápidamente puxémonos en contacto coa empresa e arquitecto director das obras. Tras unha reunión de urxencia no propio edificio, comprobamos que o alcance das obras non ia afectar directamente a zona de aniñamento, as cales consistirían en reparacións puntuais da cuberta, illamento dunha terraza e limpeza e pintado de fachada.
Neste edificio os cirrios utilizan os ocos das tellas que hai baixo o aleiro do tellado para acceder os niños, albergando unha colonia mixta de Cirrio pálido ou Vencejo pálido (Apus pallidus) e Cirrio común ou Vencejo común (Apus apus). Lembramos que o círrio foi nomeado Ave do Ano 2021 por SEO/BirdLife, polo retroceso que esta sufrindo en toda España.
| Fachada con redes. E. González. |
| Aleiro coa rede diante. E. González. |
As nosas recomendacións foron aceptadas e aplicadas con axilidade as cales consistían na retirada da citada rede en toda a parte superior do andamio. Tamén se lle indicou que foran especialmente coidadosos na limpeza das cornisas e tomaran todas as precaucións necesarias para evitar molestias nas zonas próximas aos accesos no aleiro.
![]() |
| Aleiro sen rede. E González. |
Neste caso as Aves do Ano 2021 puideron seguir coas suas tarfeas reprodutivas, e desexamos que así sexa por moito tempo.
![]() |
| Aleiros sen redes. E. González. |
miércoles, 26 de mayo de 2021
NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS
| Foto E. González. |
Como xa se comentou fai uns días, un total de 8 niños de Píllara das dunas houbo na Reserva.
O primero levouno a forte marea do temporal de finais de abril, outros dous niños desapareceron a causa da chuvia e o vento de mediados de maio e dous máis foron abandoados, polo que só quedaron 3 niños activos.
Hoxe atopamos un novo niño que é unha reposición dun dos perdidos polo el mal tempo, e xa quedou protexido con balizas e "gaiola".
Agora temos un total de 4 niños de Píllara das dunas na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.
Tamén este mes La 1 de RTVE, estivo na praia grabando unha reportaxe para o programa España Directo, para chamar a atención desta ameazada limícola. Na reportaxe ademáis de facer tomas das aves, falouse da súa importancia como bioindicador do estado das praias e da necesidade de conservar a pequena Píllara das dunas e as ameazas as que se enfrenta.
| Foto E. González. |
martes, 4 de mayo de 2021
NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS NA RESERVA
| Píllara das dunas. Foto: G. Ferreiro. |
O domingo atoparonse 4 niños de Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.
Estes niños quedaron protexidos coa gaiola e a parcela de exclusión o mesmo día.
Hoxe foron 3 os niños que atopamos e xa quedaron protexidos co xaulón e co balizado.
No que vai desta tempada foron un total de 8 niños de Pïllara das dunas os que houbo na Reserva, pero o primeiro foi levado pola marea do temporal de fai uns días.
Polo de agora todo vai ben e esperamos que así sexa ata que remate a tempada de cría.
| Rematando a instalación da gaiola. Foto: G. Ferreiro. |
jueves, 8 de abril de 2021
CHOLITEJO PATINEGRO 2021
| Chorlitejo patinegro macho adulto. G. Ferreiro. |
En el mes de marzo hemos comenzado con el control de playas de la Reserva Ornitológica de SEO/BirdLife de O Grove, donde nidifican los Chorlitejos patinegros (Charadrius alexandrinus), o Píllaras das dunas, especie vulnerable en Galicia.
Algunos chorlitejos ya han
empezado a frecuentar los arenales en busca de sus lugares de reproducción, así
durante marzo fueron vistos varios ejemplares anillados en esta playa y en otros
arenales, pero que nidifican aquí.
Otra buena noticia es que un
polluelo nacido en 2020 en O Grove y anillado en agosto, fue visto el 10 de
septiembre en la playa de Baldaio y el 6 de marzo en la playa de Traba, ambas
de A Coruña.
Lo peor es que en estas fechas los
arenales están llenas de perros, y es una época crítica, ya que los chorlitejos
empiezan a buscar territorio donde anidar y si ven posibles depredadores (los
canes), se estresan y pueden abandonar las playas, dejando de criar ese año.
Estos días ya fue avisada la policía municipal que pilló a algunos dueños
con perros en la playa.
| G. Ferreiro. |
También hace unos días hemos
tenido la reunión del “Grupo Píllara”, grupo que se ocupa de la conservación
del Chorlitejo patinegro en Galicia, y en la que hemos participado distintas
asociaciones conservacionistas, Universidad de Santiago, concellos como el de O
Grove, Carballo o Pobra do Caramiñal y el Servicio de Conservación da Natureza
de Pontevedra y A Coruña, todo ello con la finalidad de coordinar en nuestra comunidad las
actuaciones de la presente temporada y facilitar que esta especie amenazada se
reproduzca con éxito.
martes, 16 de febrero de 2021
O CIRRIO COMÚN É A AVE DO ANO 2021 DE SEO/BirdLife
Tras a votación popular
posta en marcha por SEO/BirdLife para decidir a especie bandeira deste ano, la
gañadora resultou ser esta ave frecuente en contornas urbanas co 49,58%.
As outras das aspirantes,
que repetían candidatura, eran o picanzo real, que ocupou o segundo lugar co
27,15%, e o tartaraña cincenta, que, co 23,27%, quedou en terceira posición.
Os cirrios súmanse á
longa listaxe de aves comúns, como pardais ou andoriñas, en declive
poboacional, un claro sinal de que nos enfrontamos a unha crise ecolóxica sen
precedentes. Unha crise que require dun cambio rápido cara a un modelo sostible
que permita facerlles fronte aos dous grandes desafíos da humanidade: o cambio
climático e a cada vez máis alarmante perda de biodiversidade.
Como cada ano, desde
1988, SEO/BirdLife pon en marcha a campaña de comunicación e conservación “Ave
do Ano” para chamar a atención sobre a situación que atravesan algunhas das
especies máis ameazadas da avifauna e os seus hábitats e contribuír a que non
siga empeorando o seu estado e mellorar a súa situación. Ata hoxe, 31 especies
de aves foron elixidas para levar o distintivo de “Ave do Ano”.
O obxectivo é poñer o
foco sobre unha especie que necesita unha atención especial, ben polo seu mal
estado de conservación, ben porque simboliza a urxencia de protexer os hábitats
que a acollen e frear as causas que están orixinando o seu estado desfavorable
de conservación. En 2021 as miradas diríxense ao cirrio, declarado por votación
popular como Ave do Ano 2021 cun 49,48% dos votos.
Os cirrios atópanse entre
vos seres vivos máis fascinantes do planeta pola súa asombrosa forma de vida.
Estas aves adaptáronse de tal forma á vida no aire que poden pasar ata un ano
sen pousaren en ningún momento, comendo, bebendo e durmindo mentres voan de
forma ininterrompida. Unicamente no momento de nidificar requiren pousar, algo
que sempre farán nas alturas, habitualmente en edificacións, xa que teñen
serios problemas para remontaren o voo en caso de caeren accidentalmente ao
chan. É, por iso, unha ave migratoria moi ligada ao medio urbano e moi próxima
aos seres humanos, e ás súas vilas e cidades.
“O cirrio súmase á xa longa
lista de aves comúns, as que nos acompañaron sempre nos nosos barrios e vilas,
que sofren un declive poboacional. Que vexamos menos pardais, menos andoriñas
ou menos cirrios non é anecdótico senón un poderoso sinal de alarma clara de
que enfrontamos unha crise ecolóxica sen precedentes que nos debe obrigar a
repensar a nosa relación coa natureza. O actual modelo de desenvolvemento non
funciona, non está preparado para enfrontar os dous grandes desafíos que ten a
humanidade e cuxos efectos estamos a notar xa: o cambio climático e a perda de
biodiversidade”.
Unha especie en declive
Os datos do programa de
seguimento de aves comúns en primavera de SEO/BirdLife (Programa Sacre)
evidencian que o cirrio experimentou en España un declive do 27,2% nos últimos
22 anos (1998-2020). É unha especie protexida a escala estatal, ao igual que os
seus niños, polos e ovos, incluída na Listaxe de Especies en Réxime de
Protección Especial. Tamén está protexida a escala internacional pola Directiva
de Aves e o Convenio de Berna.
Unha das súas principais
ameazas é a destrución dos seus lugares de cría. Tanto os cirrios como os pálidos volven ano tras ano a
criar nos mesmos edificios. En ocasións, ao chegaren desde África, os cirrios
atópanse coas súas zonas de cría destruídas por obras de rehabilitación, ou
mesmo sucede que as obras comezan cos cirrios no interior dos seus niños.
Nestas situacións obsérvase a desesperación dos cirrios adultos por atoparen
desaparecida a entrada aos seus niños.
Esta ameaza pódese evitar
facilmente cun bo coñecemento dos lugares de cría da especie e directrices de
actuación respecto diso para os propietarios dos edificios, arquitectos e
aparelladores, administradores de predios, que permitan evitar obras durante o
período reprodutor e conservar os ocos que utilizan para criar nas
rehabilitacións, e integrando nos edificios rehabilitados niños artificiais que
ofrezan unha alternativa aos lugares de cría desaparecidos. De feito, en
previsión do desexado aumento das rehabilitacións de edificios para mellorar o
seu consumo e eficiencia enerxética que veremos nos próximos anos, a
organización conservacionista considera especialmente importante implementar
este tipo de medidas. Desta maneira contribuirase a que a transición ecolóxica
en España sexa modélica.
Nalgúns países e cidades
xa existen requirimentos legais que deben cumprirse en calquera obra que lle
poida afectar á biodiversidade urbana, sen dúbida un dos retos nos que debemos
avanzar no noso país.
Doutra banda, desde
SEO/BirdLife insístese en que a eliminación ou destrución de niños de aves
protexidas é unha práctica prohibida pola lexislación española, europea e
internacional.
Accións para a súa
conservación en 2021
O ano do cirrio colocará
a biodiversidade urbana no centro da acción de SEO/BirdLife, que vén
traballando nesta liña desde hai unha década. É preciso naturalizar os barrios e vilas, en todas as
súas dimensións, co obxecto de converter os espazos en que vivimos e
traballamos en aliados fronte á perda de biodiversidade e o cambio climático e,
con iso, en ferramentas que melloran a nosa saúde e a nosa calidade de vida.
A biodiversidade urbana
debe ser un eixe vertebrador das políticas municipais. Son numerosos os estudos
científicos que demostraron que un maior contacto coa natureza contribúe a
mellorar a saúde dos habitantes das cidades, permitindo o contacto directo coa
biodiversidade no día a día da cidadanía.
A organización abordará
este ano cun abano de accións que promovan cambios favorables para o cirrio
que, por extensión, representarán melloras nas nosas contornas de vida. Neste
sentido, será fundamental a colaboración cos diferentes axentes que interveñen
na planificación urbanística, a construción e a rehabilitación de edificios, co
obxecto de incorporar os cirrios -e o resto de variables da biodiversidade
urbana- no seu deseño.
O ano do cirrio tamén
implicará traballar no campo, especialmente na redución do uso de praguicidas e
fertilizantes, tanto no medio natural como nas contornas urbanas, para mellorar
o estado de conservación dos insectos, dos que se alimentan os cirrios e outras
aves insectívoras. Sen bichos, non hai vida.
Ademais, os traballos de seguimento científico
da avifauna pousarán a súa mirada no
cirrio. SEO/BirdLife estudará con maior detalle os seus roteiros
migratorios e os posibles cambios ambientais que lle están a afectar ao cirrio.
Toda a cidadanía pode participar neste tipo de estudos a través das apps de
ciencia cidadá que a organización pon á súa disposición e que, entre outras
cuestións, pode achegar información de interese sobre os efectos que xa está a
provocar o cambio climático nesta ave tan próxima ao ser humano.
E onde sexa necesario, SEO/BirdLife actuará legalmente para protexer as aves comúns e, en particular, o cirrio. De feito, a organización conta cun portal de denuncias ao dispor da cidadanía, co que alertar de posibles vulneracións da normativa como, por exemplo, a destrución de niños en época de cría.














