Hechos lamentables
jueves, 7 de julio de 2022
jueves, 30 de junio de 2022
CANS NAS PRAIAS
| O Grove. 30/06/2022. Juan Gómez. |
A día de hoxe 30 de xuño, seguen levando cans aos areais da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove onde nidifican as ameazadas Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro e onde teñen os seus poliños.
A PESAR DOS INNUMERABLES CARTEIS INFORMATIVOS E
DOS QUE PROHIBEN
CANS NA PRAIA
A PESAR DAS CONTINUAS CHAMADAS DE ATENCIÓN
POR PARTE DOS
VOLUNTARIOS DE SEO-PONTEVEDRA
E DOS AXENTES
MEDIOAMBIENTAIS
A PESAR DAS MULTAS DA POLICÍA LOCAL E DO SEPRONA
E HABENDO UN AREAL CANINO MOI PRETO
CADA DÍA XENTE INCÍVICA
CONTINÚA LEVANDO CANS
ÁS POUCAS
PRAIAS DE GALICIA
ONDE AÍNDA A PÍLLARA CRÍA AOS SEUS POLIÑOS
É DE PERSOAS EGOÍSTAS
NON QUERER ACEPTAR CAL É A PRIORIDADE,
SE A DAS SUAS MASCOTAS,
QUE ESTÁN PROHIBIDAS,
POLO QUE INFRINXEN A LEI
E QUE ADEMAIS
NON CORREN NINGÚN RISCO DE EXTINGUIRSE,
OU A DOS ANIMAIS SILVESTRES
COMO A PÍLLARA DAS DUNAS
QUE TEÑEN QUE
SOBREVIVIR POR SI SÓS
NUN MUNDO CADA VEZ MÁIS
HUMANIZADO
E QUE ESTÁN EN PERIGO DE
DESAPARECER PARA SEMPRE.
POLA CULPA DOS
SEUS CANS
Hoxe 30 de xuño, volvemos a chamar a policia local de O Grove, quenes se persoaron na praia e multaron aos irresponsables.
![]() |
| O Grove. 30/06/2022. G. Ferreiro. |
Aprenderemos algún día?
lunes, 27 de junio de 2022
POR VERÍN
![]() |
| E. González. |
Ayer domingo, el grupo de amantes de la naturaleza que asistimos a la salida por Verín (Ourense), disfrutamos de su hermoso paisaje, de la vegetación, de un buen clima y por supuesto de sus aves.
![]() |
| E. González. |
Identificamos 54 especies de aves, a destacar:
codorniz común, perdiz roja, zampullín común, tórtola europea, cigüeña blanca, abejero europeo, culebrera europea, águila calzada, milano negro, busardo ratonero, abubilla común, martín pescador, pico picapinos, pito ibérico, cernícalo vulgar, alcotán europeo, oropéndola europea, alcaudón real, cuervo grande, alondra totovía, avión zapador, golondrina daúrica, avión común, curruca carrasqueña y rabilarga, trepador azul, ruiseñor común...
Abejero europeo (Pernis apivorus). Vídeo de Carlos López.
jueves, 16 de junio de 2022
AVES DE VERÍN
Nesta zona de característica mediterráneas, intentaremos localizar as aves propias deste tipo de ecosistemas.
Se queres máis información sobre a saída só
tes que enviarnos un correo.
PRAZAS COMPLETAS
As prazas son
limitadas e van por orde de inscrición.
Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 24 as duas da tarde.
domingo, 12 de junio de 2022
1m² CONTRA A BASURALEZA
1m² contra a basuraleza é un encontro anual colaborativo para recoller basuraleza dos entornos naturais.
A través dunha convocatoria cidadá este fin de semana houbo 700 puntos de recollida en España, nas nosas zonas naturais próximas para intentar reducir a cero o lixo que hai na natureza.
En SEO-Pontevedra tivemos duas actividades:
O sábado con Nueva Pescanova, na Reserva Ornitolóxica do Grove, na 32 voluntarios sacaron 727 kilos de lixo: cordas, rodas, plásticos, vidros, ferros....
Tamén retiráronse 220 kilos de Carpobrotus edulis ou "uña de gato", pranta exótica invasora que compite e despraza entre outras a Cystanche felipae ou "cardo leiteiro", xoia da nosa enseada.
Os participantes quedaron moi contentos e orgullosos co traballo realizado.
O domingo a actividade foi con Alcampo Vilagarcía.
Nesta xornada participaron 26 persoas, co as que percorremos distintos ambientes do espazo natural de Carreirón, na Illa de Arousa.
![]() |
Logramos retirar 175 kilos de lixo. A destacar: embases , restos de acuicultura, cordas, emboltorios de plástico...
martes, 31 de mayo de 2022
LIMPEZA VOLUNTARIA DO MIÑO CON DECATHLON
O vindeiro domingo 5 de xuño pola mañá, entre as 9:30 as 13:30, faremos unha xornada de limpeza nas ribeiras do río Miño, a altura de Ourense.
Actividade organizada por Decathlon e SEO/BirLife co obxetivo de concienciar da grave ameaza ambiental que supón o plástico e demáis lixo na natureza.
Se queres participar neste evento voluntario de conservación das ribeiras do Miño so tes que inscribirte neste enlace
lunes, 30 de mayo de 2022
ACTIVIDADES DE FIN DE SEMANA
Este fin de semana fixemos varias actividades ornitolóxicas e de conservación da natureza.
O sábado guiamos a 30 persoas do concello de Ames (CO), polo Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán para disfrutar das aves de este espazo natural protexido.
Observaron 32 especies de aves entre elas a píllara das dunas, das que lle falamos dos seus problemas de conservación, tamén destacar a observación dunha garza imperial que fixo as ledicias dos participantes, así como diferentes especies acuáticas e paxariños do parque.
O domingo, entorno a 40 persoas de TAGSA, se desplazaron ao concello de Pluxín (OU), para facer varias actividades de conservación no fermoso río que cruza o concello.
Ademáis de retirar lixos da contorna, tamén eliminaron prantas exóticas invasoras do río. Xa para rematar este grupo disfrutou dunha xornada de identificación de aves dos bosque de ribeira.
martes, 24 de mayo de 2022
TALLER CAIXAS NIÑO
Estes días fixemos un obradoiro de caixas niño no CEIP Balouta do concello de Ames.
Os 50 nenos de 3º e 4º curso disfrutaron con entusiasmo coa elaboración das caixas e que logo entre todos colgamos nas árbores do patio de colexio.
Os pequenos tamén tomaron conciencia da importancia de conservar a biodiversidade e dos beneficios que nos aporta o fomentar a nidificación dos paxariño da nosa contorna.
![]() |
sábado, 21 de mayo de 2022
REDE NATURA E PÍLLARAS
Hoxe a celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 que realizamos na praia da Reserva Ornitolóxica de SEO/Birdlife do Grove, para dar a coñecer e concienciar sobre a ameazada Píllara das duna (Charadrius alexandrinus), foi todo un éxito.
Os participantes a este evento ademáis de falarlle da importancia desta figura de protección de espacios naturais, poideron ver as parcelas de exclusión das píllaras, diferenciar entre machos e femias e disfrutar de poliños con 21 días e polos de 4 días.
Poidemos ver un macho de píllara facendo un cunco na area e unha parella copulando.
Tamén dende a praia observamos largarteiro, bubela, cirrio pálido, lavandeira amarela, gaivota escura laverca, mazarico chiador, etc.
Macho con poliño de 4 días. Vídeo de Carlos López.
lunes, 16 de mayo de 2022
XORNADA SOBRE A PILLARA DAS DUNAS NO DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000
Se queres máis información sobre a xornada só tes que enviarnos un correo.
As prazas son limitadas e irán por orde de inscrición.
Para poder participar é imprescindible inscribirse antes do venres 20 as duas da tarde.
martes, 10 de mayo de 2022
BRAÑAS DE XESTOSO
| E. González. |
Situadas na Dorsal Galega as brañas de Xestoso combinan monte baixo de brezos e toxos con prados húmidos, pequenos bosques de carballos e salgueiros, regatos..., favorecendo a presenza de diversidade de aves como paseriformes ou rapaces, así como flora, anfibios e réptiles.
PRAZAS COMPLETAS
Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.
As prazas son
limitadas e van por orde de inscrición.
Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 20 as duas da tarde.
lunes, 2 de mayo de 2022
NOVIDADES PÍLLARA DAS DUNAS
| Anxo Gómez. |
No que vai de tempada na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife, este ano temos 6 niños de Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), en 2 praias do Grove.
Destes
6 niños, que estiveron protexidos coas medidas correspondentes, dous xa
eclosionaron, e 1 foi destruido, ademáis a femia foi ferida nunha pata (descoñecemos as causas, pero non descartamos un can).
| E. González. |
Polo tanto agora temos 3 niños sin eclosionar e varios polos curricando polas praias.
E
como os cans non faltan nin un só día, pedimos aos usuarios que sexan dunha vez
por todas responsables y respetuosos e deixen de levar cans aos areais, onde
fan moito dano, e máis habendo unha
praia canina no Grove.
| G. Ferreiro. |
miércoles, 27 de abril de 2022
MAIS NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS
| Foto Juan Gómez. |
Entre o domingo e o luns atoparonse 2 novos niños de Píllara das dunas nunha praia da Reserva Ornitolóxica de SEO/birdLife do Grove.
O niño atopado o domingo tiña 3 ovos e quedou protexido con gaiola e parcela de exclusión.
O lun apareceu outro, ainda con 2 ovos, tamén foi balizado.
Tamén comentar que hoxe apareceu un macho con 3 poliños do que non se tiña constancia.
De momento na Reserva Ornitolóxica, son 3 os niños de Píllara das dunas, cuxos pais están incubando, máis unha familia con 3 polos.
Desexamos que todo vaia ben!!
| Foto Anxo Gómez. |
lunes, 25 de abril de 2022
AVES DA LIMIA
| E. González. |
Ayer en la salida por la Limia (OU), con una meteorología aceptable y después de recorrer diferentes hábitats como lagunas de extracción de áridos, campos cultivados, prados, zonas de vegetación arbórea, etc., pudimos identificar 52 especies de aves, entre ellas:
Cuchara común, Codorniz común, Zampullín común, Somormujo lavanco, Paloma zurita, Cuco común, Cigüeña blanca, Culebrera europea, Águila calzada, Milano negro, Busardo ratonero, Abubilla común, Martín pescador común, Cernícalo vulgar, Grajilla occidental, Alondra común, Alondra totovía, Avión zapador, Avión roquero, Golondrina común, Avión común, Mosquitero ibérico, Lavandera boyera, Escribano triguero...
A destacar: 2 Avefría europea, 6 Martinete común, 5 Aguilucho cenizo, 1 Milano real, 6 Alcotán europeo, 4 Collalba gris.
Martinete común. Vídeo de Carlos López.sábado, 16 de abril de 2022
PRIMEIRO NIÑO DE PÍLLARA DAS DUNAS
| E. González. |
Hoxe localizamos o primeiro niño de Píllara das dunas nunha praia de Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.
Este niño xa quedou balizado e protexido con xaulón das molestias que poida sufrir nestes días tan complicados.
Non faltaron uns 14 cans soltos pola praia no tempo que estivemos no areal, e cuxos donos foron informados unha vez mais, de que a estas alturas non pode haber cans nas praias onde crían estas aves protexidas e ameazadas.
| E. González |
martes, 12 de abril de 2022
XINZO DE LIMIA E CONTORNA
O domingo 24 de abril faremos unha saída para observar as aves da antiga lagoa de Antela e contorna (Ourense).
Intentaremos avistar as aves migradoras recen chegadas de África, así como as aves residentes do lugar.
Se queres máis información sobre a saída só
tes que enviarnos un correo.
PRAZAS COMPLETAS
Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 22 as duas da tarde.
As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.
miércoles, 6 de abril de 2022
miércoles, 30 de marzo de 2022
martes, 29 de marzo de 2022
TALLER CAJAS NIDO PARA NIÑOS DE AMES
Este fin de semana, los niños del concello de Ames, participaron en un taller de elaboración de cajas nido para aves.
Además de pasárselo estupendamente, tomaron conciencia de la importancia que tienen las aves para conservar la biodiversidad de la naturaleza y de los beneficios que aportan al ser humano.
Luego con todo el entusiasmo, los 12 nidales fueron colgamos en árboles próximos y ellos se encargarán de vigilarlos y comprobar que son ocupados por los pajarillos
domingo, 27 de marzo de 2022
VI ENCUENTRO NACIONAL DE TURISMO DE OBSERVACIÓN DE LA NATURALEZA
Con la celebración de sus cinco primeras ediciones nacionales en el Parque Natural de Somiedo (Asturias), Parque Nacional de la Sierra de Guadarrama (Madrid), Reserva Natural Lagunas de Villafáfila (Zamora) y Alcúdia (Illes Balears), se ha celebrado en el Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, en Oleiros, la sexta edición de un encuentro ecoturístico pionero en España y orientado para profesionales del ecoturismo, emprendedores y viajeros especializados.
Estos
encuentros se hacen con el ánimo de seguir avanzando en el desarrollo de un
turismo sostenible, que contribuya a la conservación de la naturaleza al mismo
tiempo que favorece económica y socialmente a las comunidades locales.
Entre
otras ponencias resaltar la del Proyecto PIO y la de La Reserva Ornitológica de
SEO/BirdLife, ambas de O Grove, en las que hemos expuesto la iniciativa de turismo ornitológico, los valores naturales
con los cuenta este espacio y los trabajos que se desarrollan en favor de la conservación y la educación ambiental. También las
salidas para observar aves por sus espacios tanto con adultos y niños, los programas
de conservación de especies como el del Chorlitejo patinegro que habita sus playas, la divulgación en redes sociales, prensa y TV, etc. Todo con el fin de conservar
su biodiversidad y de promover un turismo respetuoso y responsable, más allá
del turismo masificado de sol y playa.
También desde el grupo de aves marinas de SEO BirdLife se participó en la mesa de trabajo sobre las buenas prácticas en la observación de aves marinas y se presentó el documento base sobre las buenas prácticas en el turismo pesquero.
Las jornadas que han contado además con salidas ornitológicas han sido un éxito de calidad y participación con un alto porcentaje de asistentes de fuera de nuestra comunidad.
lunes, 21 de marzo de 2022
PILLARA DAS DUNAS
Onte localizamos 14 Píllaras das dunas nunha das praias da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife de O Grove, algunhas xa ocupando os seus territorios para comenzar coas postas.
| G. Ferreiro. |
Tamén 27 cans soltos houbo no tempo que estivemos na praia da Lanzada e cuxos donos foron informados de que a día de hoxe xa están prohibidos os cans nas praias onde hai píllaras.
| E. González. |
A lexislación vixente di que a partir do 15 de marzo comenza a prohibición dos cans nas praias de A Lanzada, Area da Cruz e Mexilloerira do Grove, así como en Major e Montalvo de Sanxenxo.
Como esta situación continúe, a Píllara das dunas extinguirase dos nosos arenais e con elas a calidade de vida da que agora ainda gozamos nas praias.
Lembrar que O Grove conta cunha praia canina en San Vicente, preto do porto deportivo polo que existen alternativas para o paseo dos cans sen que afecten tan gravemente a outros animais silvestres.domingo, 13 de marzo de 2022
CARREIRÓN Y ENTORNO
El domingo a pesar de los chubascos intermitentes, durante los claros, todo el grupo que asistimos a la salida, pudimos disfrutar de 55 especies de aves, tanto de Carreirón como de las zonas costeras de su entorno.
Estas son algunas de las aves más destacadas: Cuchara común, Ánade friso, Ánade azulón, Zampullín común, Ostrero euroasiático, Chorlito gris, Zarapito trinador, Aguja colipinta, Aguja colinegra ,Vuelvepiedras común, Correlimos tridáctilo, Correlimos común, Andarríos chico, Archibebe claro, Archibebe común, Págalo grande (3), Gaviota reidora, Gaviota cabecinegra, Gaviota sombría, Gavión atlántico, Charrán patinegro, Cormorán grande, Cormorán moñudo, Garza real, Garceta común, Abubilla común, Pico picapinos, Carbonero garrapinos, Herrerillo común, Golondrina común, Mosquitero común, Reyezuelo listado, Jilguero europeo, etc.
Págalo Grande. Vídeo de C. López.lunes, 7 de marzo de 2022
martes, 1 de marzo de 2022
SAÍDA POR CARREIRÓN
O próximo domingo 13 de marzo o grupo local SEO-Pontevedra organizamos unha saída a Carreirón e contorna, Illa de Arousa (espazo natural protexido pola Rede Natura 2000).
Percorreremos diferentes hábitats, principalmente costeiros
para disfrutar das aves que ocupan estes lugares.
Intentaremos observar limícolas, ardeidos, anátidas,
gaivotas, corvos mariños, así como os paseriformes que se moven polas árbores.
PRAZAS COMPLETAS
Se queres máis información sobre a saída só tes que
enviarnos un correo.
As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.
Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é
imprescindible inscribirse antes do venres 11 as duas da tarde.

















.jpg)

.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)





